Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Club de Lectura AreaLonga Actividades 1º Trimestre 2021-2022

O Club de Lectura Arealonga do CEIP de Laredo é un club de lectura interxeracional no que participan alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, profesorado e familias do CEIP de Laredo.

Actividades previstas para o 1º trimestre:

  • O Club de Lectura Arealonga do CEIP de Laredo terá reunións quincenais presenciais, os mércores de 16:30 a 17:30 na biblioteca do centro.
  • 1ª sesión (03-11-2021): «O meu libro preferido». Cada membro do club presentará e recomendará durante un máximo de 5 minutos unha das súas lecturas preferidas.
  • 2ª sesión (17-11-2021): Encontro con Rafael Fernández Lorenzo, autor de Cocotibur, novela sobre igualdade e o mito da Coca.
  • 3ª sesión (01-12-2021): «Lemos cómics». Recomendacións de lectura de banda deseñada. O coodinador do club e a responsable da biblioteca do centro propoñerán tres títulos de lectura compartida.
  • 4ª sesión (data de decembro por determinar): «Nadal de contos». Contada de contos de nadal e merendola.

Organización e funcionamento

  • Os membros do Club de Lectura colaborarán coa Radio da Biblioteca Escolar participando en programas sobre as súas lecturas.
  • Cada unha das sesións do Club de Lectura serán comunicadas na páxina web do centro e no seu perfil de Twitter.

Inscrición

Poderán participar o alumnado de 3º a 6º de EP, así como as nais, pais e profesorado do centro, enviando un correo electrónico a: clublectura@ceipdelaredo.com no que se indicará nome e curso, así como título do libro que presentará na primeira sesión.

INSCRÍBETE NO CLUB DE LECTURA!