Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Retos Credencial da Lingua 21-22

Estimadas familias;

Este curso volveremos a realizar a experiencia da “Credencial da Lingua” para conquerir un novo título de “Defensoras da Lingua”.

Haberá 10 retos, un por mes, e, ademáis, as titoras poderán poñer carimbos extra por traballos na aula ou na casa realizados en Lingua Galega.

Desta vez o lema é “En Laredo xogamos en Galego!” e trátase de completar o xogo da Mariola de 10 casiñas.

Os retos enviaranse por correo electrónico e en papel coa suficiente antelación para que teñades moitos días para realizalos en familia.

Porque diso se trata; lanzar propostas diversas para que as familias teñades a oportunidade ou a escusa para falar en Lingua Galega de xeito regular e poner en valor a lingua. Por suposto, os retos son voluntarios, pero moi recomendables.

Para animarvos, que saibades que todo o alumnado conseguiu xa realizar o RETO 1, que foi o de xogar coa lingua facendo pareados nome/xogo para escribir sobre as fitas do noso papaventos xigante.

Agardamos que acollades a actividade con tanto entusiasmo coma o pasado curso!