Saída de Fin de Curso 22/06

O Martes 22 de Xuño remataremos o curso cunha excursión de confraternización con todo o alumnado. O horario dese día será o normal, de 09h a 14h. Imos camiñar e facer unha etapa simbólica nos arredores, levando cada quen a súa mochila polo que é importante que non leven moito peso.

Todas as indicacións serán enviadas por ABALAR Móbil ás familias pregamos que as revisedes pois cada aula/ciclo terá unhas concretas. 

Unha forte aperta e grazas por todo.