Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

I Premio Cooperativismo no Ensino 2021

Estamos de noraboa, os cursos de 1º e 2º veñen de acadar o primeiro premio autonómico de cooperativismo no ensino co proxecto "A cidade dos nosos Soños", abanderado polas titoras Nuria e Mariana creouse unha proposta de coñecer o medio, a vila de chapela, identificando os seus servicios e modificandoa con maquetas feitas con refugallo para representar o seu ideal de cidade. Esta proposta foi presentada e recoñecida pola alcaldesa de Redondela no traballo a prol da cidadanía e da participación activa.

Así mesmo a simulación dunha eleccións e de candidaturas para defender a cidade foi moi representativa na decisión do xurado así como que estiver feita con material de refugallo. 

Orgullosas do noso e da nosa comunidade

Grazas