Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Maraton Letras Galegas 2021

 

Estimadas Familias, o vindeiro xoves 27 de Maio celebraremos o noso tradicional maraton das letras galegas no paseo de cardona sobre ás 12h nunha andaina moi breve, simbólica e moi puntual por mor do covid. 

Este ano non convocaremos ás familias a asistir a ver aos seus fillos/as por responsabilidade, por non ter a capacidade, autoridade e medios de xestionar un grupo xente nesta situación de pandemia, evitando aglomeracións e riscos innecesarios inda que o realicemos fóra do centro. Pregamos que se respete esta decisión. 
Ao finalizar o maratón o alumnado poderá degustar batidos e zumes elaborados polo profesorado dentro da campaña Froita e Leite na escola.

Un cordial saúdo e grazas pola vosa comprensión.