RETO 10: XELA A DIARIO!

Esta semana imos celebrar o Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias buscándoa polo noso contorno. Durante esta semana a homenaxeada aparecerá en innumerables lugares; o xornal, a parada do bus, nas bolsas do supermercado, en muráis , na televisión, … O reto consiste en que vos QUITEDES UNHA FOTO na que tamén apareza a imaxe de XELA ARIAS e a enviedes a musica@ceipdelaredo.com ata o venres 14 de maio.

Gañaredes un novo carimbo para a vosa credencial da lingua!.

Moitas grazas pola vosa participación!