Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Participa na Enquisa Convivencia Familias 2020-21

Estimada familia: De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual. A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos: https://edu.xunta.gal/convfamil

O acceso é mediante o código que se lle foi enviado en papel a través do alumno/a. 

Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con el ou precisase un novo pode poñerse en contacto coa dirección do centro