Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

PROGRAMA DE AXUDAS FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

A Fundación de Amigos de Galicia pon en marcha dúas liñas de axuda para familias que teñan algún tipo de necesidade socioeconómica: 

PROGRAMA "DIXITALIZATE CON NÓS" O obxectivo xeral do programa “Dixitalízate con Nós” é o de cubrir as necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenadores, táblets, etc.) durante todo o ano 2021 a menores de Galicia cando as súas familias se atopen en situación de risco de exclusión social, por carencia e/ou limitación de recursos económicos: Cobertura de Fibra/ADSL - Menores de 6 a 18 anos. Entrega de ordenadores e material informático - Menores 13 a 18 anos. Entrega de tablets - Menores de 6 a 12 anos.

ENLACE PARA REALIZACIÓN DA SOLICITUDE: https://www.fundacionamigosdegalicia.org/dixital%C3%ADzate-con-n%C3%B3s

PROGRAMA "EN IGUALDADE DENDE A ESCOLA" Fundación Amigos de Galicia leva a cabo un ano máis o programa “En Igualdade dende a Escola”, dirixido a conseguir o desenvolvemento dos nenos/as e adolescentes que precisan de atención ás súas necesidades específicas co obxectivo de prever o abandono temperá dos estudos e a redución do absentismo escolar. “En igualdade dende a escola” ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de libros, material escolar, material sanitario (mascarillas e xeles hidroalcohólicos) e outras necesidades (gafas graduadas, audífonos, sistemas de monitorización de glucosa, etc.) dos menores en situación ou risco de exclusión social da Comunidade Autónoma de Galicia.

ENLACE PARA REALIZACIÓN DA SOLICITUDE: https://www.fundacionamigosdegalicia.org/en-igualdade-dende-a-escola