Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Reto 5: O XOGO DA OCA E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Sabiades que o XOGO DA OCA é unha representación do Camiño de Santiago e que a creación do xogo atribúieselle aos Cabaleiros Templarios no século XII?. Por que un xogo? A maioría da poboación da época era analfabeta e non sabían ler nin escribir, e había moitos idiomas diferentes, xa que había xentes de moitos lugares. Así pois, a única forma que atoparon de transmitir esa información e facilitar a compresión da mesma, foi crear un taboleiro repleto de figuras distribuídas dunha forma numérica moi simbólica que permitise ás persoas lembralo e reproducilo facilmente, facendo coincidir os lugares onde a Orde estaba establecida e os puntos clave do Camiño.

De entre esas figuras hai unha que destaca sobre os demais emblemas: A OCA. Este animal encerra un gran significado nas mitoloxías antigas: é o mensaxeiro doutro mundo, personifica a sabedoría, pois domina a terra (camiña), a auga (nada) e o aire (voa). Represéntase xeralmente pola súa pata colocada cara arriba. O tarso palmeado da oca atópase abundantemente ao longo da viaxe, e supón unha clave compartida por grupos de iniciados, templarios e mestres construtores que marcaban localizacións de lugares especialmente emblemáticos Eses sinais-guías, presentes no camiño, parecen recollerse crípticamente no xogo da oca, no que 13 ocas e varias casas con obstáculos e trampas reflicten as dificultades do camiño físico e espiritual do peregrino.

O xogo da oca componse dunha espiral, redonda ou cadrada, formada por 63 casiñas nas que se atopan repartidas 13 ocas, 9 obstáculos… e a Meta. É curioso que 13 sexan as ocas e 13 as xornadas que o Códice Calixtino establece para percorrer o camiño de Santiago. Vexamos agora que obstáculos e lugares aparecen no taboleiro que vos adxuntamos e como poden relacionarse coa experiencia de aprendizaxe do peregrino.

DESCARGA XOGO E INSTRUCIÓNS E GAÑA O TEU CARIMBO