Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

ANPA: Contacontos Igualdade Ana Facchini Infantil+Primaria (26/11)

O vindeiro xoves e o venres contaremos no noso cole coa presenza da contacontos Ana Facchini.

A través das súas divertidas historias levaranos a romper cos estereotipos e roles de xénero, amosándonos relacións de igual a igual e propoñéndonos novos modelos e referentes.

A actividade está enmarcada dentro do programa "Igualmente" desenvolvido pola ANPA do centro e participará a totalidade do alumnado do mesmo.