Videofaladoiro: Raquel Meaños Deportista Alto Nivel (11/11) 6º EP

Mañá teremos a oportunidade de falar con Raquel Meaños unha atleta de elite galega experta nos 800m e cun palmarés de excepción sub20.

Farémoslle unha entrevista online sobre os trucos dos 800, a resistencia, o entreno, a muller no deporte, o asma no alto rendemento,...e a coñeceremos un pouco máis como persoa. O terceiro grado do noso alumnado con preguntas de todo tipo. Mañá 11/11 ás 11 estaremos cunha muller 10 do deporte Galego :) por videoconferencia, grazas ao contacto de María Saá, nai de María de 6º.