Estimadas familias,
pregamos cubrades este formulario en caso de necesidade (inexistencia de equipos informáticos no docimicilio e/ou conexións). Gustaríanos saber en que medida mudaron as vosas necesidades neste eido pasado o confinamento e identificar necesidades actuais e reais, para, dentro das posibilidades do centro, achegar os recursos necesarios en caso de confinamentos/ensino mixto/ ou modalidades de traballo en liña que as diferentes titorías así o estimen.
Agradecemos a vosa colaboración, temos de prazo ata o domingo 18 de outubro para cubrir esta enquisa.
Destinatarios: Educ. Infantil e Primaria (5º+6º necesidades de conexións posto que teñen equipamento EDIXGAL)