Programa: "Saúde na escola" 6º E.P. (21/10)

O vindeiro mércores 21 de outubro o alumnado de 6º de Educación Primaria participará no programa: "Saúde na Escola" da man da Asociación Érguete.
O programa, de catro sesións de duración, será levado a cabo por especialistas no campo da educación e do tratamento de adicións, e ten como obxectivo prepara ao alumnado para anticipar e afrontar situacións de risco no consumo de drogas ou outras sustancias aditivas, fomentando hábitos de vida saudable.

O programa rematará cunha sesión dirixida ás familias que formará parte das actividades levadas a cabo dende a Escola de Familias do CEIP de Laredo.