Comezo curso 2020-2021 - Protocolo COVID CEIP de LAREDO

O vindeiro día 10 de setembro dará comezo o curso 2020-2021 para todos os cursos agás para 3 anos de infantil que a súa incorporación será de xeito progresiva.

O centro está ultimando labores de hixienización, limpeza, adaptación e pintura para un comezo que estará guiado por un protocolo covid adaptado ao noso centro.

Un protocolo que estase ultimando polo claustro nestes días por mor das diferentes instrucións e cambios normativos da consellería de educación, para posteriormente achagalo a comunidade educativa para as súas correspondentes adendas: 

- 24-28 Agosto: Concreción da base do protocolo por parte de membros do claustro / consello escolar e asesores/as externos/as.
- 01 Setembro: Aprobación por parte do claustro do protocolo provisional (dende o 1 de setembro ás familias terán acceso a normativa xeral da organización do centro).
- 01-04 Setembro: Difusión ás familias e achegas por parte da comunidade educativa (vía formulario activo dende ese día 1 setembro).
- 07 Setembro: Claustro Consello Escolar Valoración das adendas presentadas. Difusión con adendas do Protocolo definitivo - Información familias primeiros días.
- 10 Setembro: Comezo das clases.

O protocolo covid do centro organizará: 

- O horario e localización de entradas e saídas do alumnado.
- O procedemento e hixienización nas entradas no centro.
- O procedemento de hixienización das zonas comúns, baños, limpezas diarias e útiles comúns.
- Os usos das mascarillas no centro por idades e excepcións.
- O traballo cooperativo, distancia de seguridade  e "grupos burbulla"
- A normativa na aula-clase e as transicións entre aulas.
- Madrugadores e comedor escolar.
- O Alumnado con Necesidades Educativas Especiais e problemáticas sensibles ao COVID.
- A xestión de casos posibles e diagnosticados no centro.
- A xestión de peches parciais ou totais no centro ou da actividade lectiva.
- O posible traballo en liña por confinamento.
- As comunicacións telemáticas ABALAR-web do centro, sen soporte papel, centro - familia - centro.
- Formación, escola para familias sobre Hixienización/sensibilización COVID...
- Formación, escola para familias sobre uso da plataforma de teleformación do centro, correos, videoconferencias...
-...

* Devandito protocolo será algo flexible e modificable segundo as instrucións das autoridades pertinentes as demandas do contexto existente e as necesidades da comunidade educativa. 
Agradecemos a vosa colaboración.