Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

O Orientador responde...20/05 " Contos para a diversidade"

20/05

O período de confinamento impediu a realización este curso no noso colexio da Semana da inclusión prevista para o mes de maio. Un programa de actividades concibidas para que toda a comunidade educativa fomente e asuma os valores da non discriminación, respecto e tolerancia, apreciando a diversidade como un valor presente en todas as persoas.

Un dos temas principais da educación para a inclusión é o coñecemento da discapacidade e da realidade daquelas persoas que viven con ela dunha forma normalizada. Como tamén das linguaxes e dos sistemas alternativos de comunicación utilizados por persoas con diversidade funcional ou con algún tipo de discapacidade visual, sonora, física ou intelectual.

A fundación Once ofrece unha interesante biblioteca infantil de lecturas en liña que baixo o título «Contos que contaxian ilusión» permite coñecer as vivencias de nenos e nenas con diversidade funcional: cegueira, xordeira, xordocegueira, parálise cerebral, acondroplasia, tartamudez, TEA, espina bífida, TDAH...

Unha ducia de contos que se poden ler en diversos idiomas, dende o galego e castelán ao inglés, así como escoitar locutados ou descargar e imprimir. Textos que ademais teñen asociadas unha serie de actividades, como confeccionar marcadores, decorar a portada ou crear monicreques dos seus personaxes.

Velaí a relación de títulos e temáticas asociadas á diversidade funcional aos que se pode acceder dende a casa:

Manuel Bragado Orientación do CEIP de Laredo.