Biblionacasa 18/05: Coronareto: Consellos Desconfinados!

18/05

Levamos xa dúas semana no que chaman “desconfinamento”, proceso no que cada vez se van permitindo máis actividades fora da casa, pero sempre cunha serie de normas e un protocolo de sanidade que non debemos esquecer para evitar a propagación do COVID-19.

Así pois, estamos nun punto no que a responsabilidade individual é un ben para toda a sociedade; todas e todos debemos seguir esas normas básicas de convivencia.

RETO: Consellos desconfinados

Necesitamos a vosa colaboración para facer unha boa campaña de concienciación e lembrarlle a toda a xente que sae á rúa cales son esas normas que debe seguir... o que se pode facer e, sobre todo, o que non debe facerse.

Fai un un mural ou cartaces que recollan as normas e consellos que debemos seguir cando saiamos á rúa.

Despois, xa sabes, envía a túa creación ao correo da biblioteca: biblio@ceipdelaredo.com