Esta é unha plataforma google que ten por obxecto planificar e organizar propostas de telensino para todas as etapas e cursos.
2. PAUTAS TRABALLO DO ALUMNADO |
Despois da reunión virtual do equipo docente na que se valorou o desenvolvemento do programa de actividades e orientacións «Dende Casa» e o anuncio da ampliación prevista do estado de alarma até o 11 de abril, o centro reitera o seu compromiso de acompañamento educativo e emocional ao alumnado e as familias durante este período, difícil para todos.
- O centro continuará coa publicación na súa páxina web de luns a venres de propostas de actividades flexibles para cada un dos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria e adaptadas tanto ao currículo vixente como ás circunstancias do período de confinamento.
- Estas actividades curriculares non serán avaliables e priorizarán os ámbitos máis competenciais e vivenciais.
- Recoméndase que para a realización destas actividades cada familia/ alumnado acorde un horario de traballo adaptado as súas condicións. Con todo, o centro continuará realizando cada día unha proposta horaria desta rutina de traballo.
- O centro continuará propoñendo a realización de retos e actividades voluntarias de fomento da lectura dirixidas ao alumnado de todo o centro, que potencien o ámbito emocional e a pertenza á comunidade educativa de Laredo. Estas propostas formarán parte do programa Biblio na Casa.
- Durante as vacacións previstas no calendario escolar anual, o centro proporá só a realización de retos voluntarios e outras actividades de lecer en familia.
- O centro continuará ofrecendo orientacións semanais para o mellor desenvolvemento posible da corentena, con atención preferente ao Alumnado con Necesidades de Apoio Educativo.
- Todo o equipo docente permanecerá á disposición das familias nos seus correos electrónicos, chat de aula e chat de centro.
- As titorías continuarán coa súa comunicación co alumnado polos medios telemáticos dos que dispón o centro.
Apertas a todos e todas.
INFORMACIÓN 13/03
Ao longo destas dúas semanas de confinamento o centro establecerá unha rutina de traballo do seguinte xeito:
- Colgaranse diariamente propostas de actividades a realizar na páxina do centro e enviarase un aviso pola app/web das novas actividades colgadas.
- As actividades estarán debidamente planificadas e temporalizadas segundo o currículo e adaptadas as novas circunstacias de confinamento.
- As actividades son propostas de realización para fornecer os coñecementos adquiridos e ou rutinas.
- O alumnado e familias deseñaran un horario de traballo adaptado a cada circunstacia persoal/familiar podendo alterar/adaptar a cantidade e orde de traballo.
- Pregamos rutina diaria na realización de tarefas na medida das posibilidades das familias
- Os docentes están a disposición das familias nos seus propios correos electrónicos.
- Existe a disposición das familias un chat para poder consultar dúbidas ao profe de garda na rede. (icona abaixo a esquerda) de tipo técnico ou dúbidas xerais , no relacionado a explicacións de índole curricular e explicación das actividades derivarase ao correo da titora correspondente.
Para o alumnado de 3º+4º+5º+6º, Intranet do centro.
- Habilitouse o servicio de mensaxería interna para este alumnado o cal está monitorizado e só se permite o seu uso curricular.
- Habilitaronse servicos de pizarras compartidas Jamboards para traballos grupais de ser o caso.
- Na modalidade de exercicios cando poña SNAPPET e/ou EDIXGAL o alumnado deberá realizalo en devanditas plataformas. No caso de aparecer dous conceptos farase nos dous soportes.
- Na modalidade correo electrónico o alumnado deberá enviar devandita actividade a súa titora por ese medio.
3. PAUTAS ORGANIZATIVAS FAMILIAS?
|
Ante a situación de obriga do peche dos Centros Educativos coa finalidade de evitar posibles contaxios ante o virus e coa consecuencia do obrigado confinamento dos escolares nos seus fogares, as familias deberán organizarse ante esta excepcional situación, de maneira que este confinamento non repercuta negativamente na evolución académica, emocional e persoal do alumnado.
Por elo, dende o CEIP DE LAREDO suxerimos unha serie de pautas a seguir, coa finalidade de poder normalizar, na medida do posible, esta situación, de xeito que poidamos entre todas e todos darlle continuidade á actividade formativa do noso alumnado e non xerar cadros de ansiedade ou pasividade no alumnado.
Non debemos olvidar que esta situación non debe ser considerada un periodo vacacional, xa que tanto o profesorado como o alumnado seguirán exercendo a súa actividade académica e docente, ainda que sexa nunha ubicación diferente. Polo tanto, será necesario por parte das familias, organizarse nos fogares (organización que debería de ser consensuada entre todos os membros da unidade familiar) de maneira que dita organización sexa o máis produtiva posible para o alumnado, tanto na realización de tarefas escolares encomendadas polo profesorado dende a web do centro ou por medio dos correos electrónicos do alumnado (3º+4º+5º+6º) dándolle continuidade á formación integral mediante ás devanditas actividades que o longo destes días iranse colgando!
PAUTAS RECOMENDADAS
- En primeiro lugar, deberíase consultar a Plataforma da Páxina Web do Centro ou por correos electronicos por parte dos titores/as, para comprobar as actividades que cada profesor/a encomenda ao seu alumnado. Están especificadas por curso, polo que cada alumnado consultará as do seu nivel. Hai mestres/as que xa acordaron co seu alumnado o material que deben realizar, e xa o levaron para casa. Outros/as utilizarán outras vías habituais con eles (correo electrónico por exemplo).
- O ideal sería manter a rutina que ata o de agora tiñan os nen@s nestes días de confinamento (evitando situacións de preocupación e ansiedade nos mesm@s). A rutina que estaban levando á práctica podese manter, coa salvedade de que as horas de estudo e a realización das tarefas académicas se fará nos fogares. Sería conveniente entre todos organizar o tempo e o espazo en función das necesidades coas que cada familia se encontre, polo que sería recomendable que a planificación do horario sexa pactada entre tod@s, para que sexa viable e se cumpra.
- Recomendamos que as horas da mañá estén orientadas ao estudo e repaso dos temas que se están impartindo no Centro ou dos temas que o profesorado recomende ver (xa que os nen@s nestas horas están máis receptivos max 3 horas de traballo con descansos de 15-30 minutos) e pola tarde a tarefas e actividades encomendadas, lectura libre e actividades de lecer.
- Polas tardes e despois de realizar as actividades encomendadas na web polo seu profesorado, sería interesante intercalar actividades de diversa índole como poderían ser; manualidades (para os máis pequenos), xogos de mesa, xogo simbólico (para os máis pequenos), lecturas diversas, elaboración dalgunha receita, practicar algún instrumento musical, escoitar música, ver documentais didácticos ou algunha película....).
- Así mesmo, recomendase todos os días, 30 minutos como mínimo de lectura ou escritura, de cara a reforzar estas habilidades, tan necesarias para o seu correcto desenvolvemento académico.
- Tamén sería recomendable implicar ao alumnado nas tarefas domésticas, xa que fomentan a responsabilidade e a autonomía, non soamente polo feito de ser didácticas e rechamantes para o alumnado, senón que polo feito de facelas, o alumnado sentiráse útil, reforzando a súa autoestima.
DAMOS AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SUA COLABORACIÓN, DESEXANDO QUE ESTA SITUACIÓN SE NORMALICE O ANTES POSIBLE.
UN CORDIAL SAÚDO E MOITO ÁNIMO DE TODO O CLAUSTRO DO CENTRO.