4º EI DendeCasa


11:30h

VENRES

  PROGRAMACIÓN
3º TRIM
CONTACTO AULA/DPTO EMAIL HORARIO AULA
Aula tres anos infantil estela@ceipdelaredo.com Ver Horario
DATA MATERIA TEMA DESCRICIÓN MODALIDAD TEMPO APROX. minutos

 

18/06/2020 Linguaxes: comunicación e representación Concerto auga musical Imos investigar que sucede cando enchemos un vaso de auga e golpeámolo.

Seguro que é algo que os peques fixérono cheas de veces cando están a comer na casa.

A diferenza é que esta vez imos tentar producir música.

Os nenos e nenas daranse conta inmediatamente que dependendo da altura da auga o son é máis grave ou máis agudo, todo débese a que o volume de auga absorbe as vibracións do cristal e cambia a frecuencia do son.

Materiais que precisas:

Auga
Vasos altos de vidro, copas,…
Colorante alimenticio ou pintura líquida ( se queres)
Instrumento para golpear: Maza de  xilófono, palo, culler,…

Procedemento:
Encher unha xerra de auga.
Engadir o  colorante ou pintura líquida da cor elixida ( opcional)
Poñer en fila os vasos.
Verter a auga nos vasos con distintas alturas.
Golpear suavemente coa maza en cada vaso escoitando con atención o son que fai.
Podes experimentar diferentes movimentos, intensidades,… xira co dedo ao redor da boca do vaso ou copa,…e experimenta a ver que sons prodúcense!
A facer música cos vosos xilófonos de auga!!!

NOTA: con 7 vasos, podemos ter a escala musical e tentar tocar unha canción sinxela. Os deixo unhas ligazóns a modo de exemplo:

https://www.youtube.com/watch?v=xclSNsl1qEM

https://www.youtube.com/watch?v=_oyVrhH3HX8

https://www.youtube.com/watch?v=X0buaqBw--g

https://www.youtube.com/watch?v=OmUbgwLVk98

É mellor facer o experimento cunha soa cor , no caso de empregar os colorantes, para que non pensen que o son depende da cor e non do volume.

 

 

16/06/2020 Coñecemento do contorno A pescar! Hoxe imos xogar con auga, imos ir de pesca! Para iso necesitaremos encher de auga unha caixa de plástico e meter dentro o que vos apeteza (que se poida mollar) para despois empezar a pesca poñendo en xogo todas as vosas habilidades, coas mans, pés, con culler, pinzas, palillos chinos... BOA PESCA!!! Vivencial
16/06/2020 Linguaxes: comunicación e representación Biblioteca Chegamos ao último martes do curso, último martes de biblio... pero non pode faltar o conto!! Esperámosvos no Telegram. Internet

 

15/06/2020 Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal Pompas de xabón Quen resiste ao pracer de facer pompas!! A disfrutar no día de hoxe facendo pompas. Podes poñerlle cor con colorante alimentario ou converter a túa pompa nun copo de neve
https://youtu.be/Wqk_CKSxlyU

O máis importante… disfrutar e ser feliz facendo algo que nos encanta…pompas de xabón!!
Propoñemos distintas receitas por si non tedes algún ingrediente…

RECEITA 1
500 ml de agua
100 ml xabón de bebé (que non pique nos ollos)
2 cucharada de gomina

RECEITA 2
½ taza deterxente concentrado
1 taza de auga
Unha culler de azucre

RECEITA 3
4 partes de auga
¼ parte de azúcar en polvo diluido na auga
1 parte de lavavaixelas líquido concentrado
Maicena “a demanda” en función do resultado

Precisamos algún utensilio con buraco para soprar e formar a pompa, tamén podemos facelo cunha palliña ou directamente coas mans formando un buraco entre o dedo índice e polgar.
Imos encher o chat de pompas de xabón!

Vivencial

 

10/06/2020 Linguaxes: comunicación e representación Grafomotricidade Sabemos que sodes peques moi creativ@s!
Así que hoxe imos crear con pincéis naturais, ou estampadores saborosos, ou colaxe
xeométricos con vida,…
Imos elaborar unha obra de arte con vexetais. Para iso podedes usalos como útil impregnado en pinturas, ou decorar co seu propio xugo, podedes decorar formas e usalos como estampadores ( en patacas, froitas,…) ou mesmo crear formas con anacos deles a modo de colaxe e pegalas facendo unha composición. Deixa voar a túa imaxinación e sorpréndenos coa túa super creación!
Vivencial, Vida Práctica
10/06/2020 Valores San Jorge y el dragón Hola mis peques.Cómo estáis?El curso ya casi acabado y mañana es festivo. Por qué? Es la fiesta de La Coca en Redondela. Hay una leyenda muy parecida de otro lugar. Vamos a escucharla,vale? https://www.youtube.com/watch?v=QK087djgN_I Coloreamos el dragón?
https://elt.oup.com/student/oupeprimary/gameszone/levels_1_2/art-studio?cc=global&selLanguage=en
Xogos, Youtube
10/06/2020 Relixión TODO VAI AIR BEN Bo dia nenos e nenas, hoxe toca despedirse, remata o curso tan estraño que nos tocou vivir, pero agora, toca gozar dunhas boas vacacións moi merecidas por certo. Mándovos esta canción que se titula “todo vai a ir ben”   https://www.youtube.com/watch?v=8r4Vs18vKO4
En setembro volvemos a vernos e como di a canción todo vai a ir ben, por iso hai que coller moita forza no verán para volver con ganas. Grazas a todos/as por mandar as vosas tarefas.
Un abrazo moi grande e un bico moi forte de Lanitas e outro meu.
Youtube

 

09/06/2020 Coñecemento do contorno Lóxica - matemática Hoxe imos clasificar, seriar e ordenar riquezas da natureza, cheas de sabor, colorido,
tamaños, formas, cheiros, texturas.
Así, que alá imos! Comenza por investigar pola cociña ( neveira, fruteiro, despensa…) que
alimentos podes atopar que nos sirva para esta tarefa (verduras, froitas , hortalizas, legumes,…). Se tes leira ou horta tamén podes investigar nas árbores, plantas ou horta ou
o que teñas ao teu alcance.
Agora xa podemos empezar a facer a nosa serie sabrosa. Inventa unha serie co criterio que ti observes nos vexetais que teñas na casa. Por exemplo:
Coas cores: amorodo - limón - tomate - plátano... (vermello- amarelo- vermello, amarelo...)
Cos tamaños: arándano - melón - arándano - melón.. (grande - pequeno - grande - pequeno...).
Coas lonxitudes: apio - cenoria - apio - cenoria (longo - curto- longo...)
Coas formas: plátano - laranxa - plátano - laranxa... (alargada, redonda, alargada, redonda...)

A investigar con sabor e cores! Esperamos as vosas series!

Vivencial
09/06/2020 Linguaxes: comunicación e representación Biblioteca Toca biblio!! A profe Nuria está esperándovos no Telegram... que conto traerá hoxe? Internet

 

08/06/2020 Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal Que tal vexetal? (lectoescritura) A semana pasada festexamos o día do medio ambiente. A natureza e xenerosa e regálanos
maravillosos agasallos, entre eles os alimentos, que contribúen a nosa saúde, a que estemos, fortes, sans e iso axuda a que sintámonos máis alegres, áxiles e felices.
Esta semana imos investigar emocións e saborear produtos da natureza. Imos encher de
cores e alimentos saudables a semana. Para comezar aquí vai a ligazón ao conto , “Que tal Vexetal? Alimentos con sentimentos”.
https://www.youtube.com/watch?v=pqexYN5LUwQ
Despois do visionado , imos reflexionar… Que tal estás? Como te sentes? Que alimento
gústache mais? Con que sentimento identifícaste?
Colle o recurso que máis che apeteza ( cámara, vídeo, papel, … ) e recrea o sentimento que
máis che apeteza! Non esquezas escribir o nome da emoción escollida e se queres podes
enviala ao correo e así facer unha escolma de sentimentos entre tod@s!
Que non cesen as emocións ainda que esteamos lonxe!
Vivencial, Folio / Cartolina, Internet
08/06/2020 Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal Aprender a relaxarnos Hoxe despedimos o curso dende a clase de Psicomotricidade aprendendo a relaxarnos.
Coa relaxación de Koeppen, lograremos controlar a tensión e relaxar brazos, boca e estómago. A través deste vídeo potenciamos a imaxinación e a concentración.
https://youtu.be/o9uaRmHiAwc

Apertas e bo verán!

Vivencial, Xogos, Youtube 30