Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Samaín esta chegando...."Contos de Medo"

Xa estamos ás portas do Samaín! E como cada ano queremos pedir a vosa colaboración para participar na elaboración e exposición da VI edición dos CONTOS DE MEDO DO CEIP DE LAREDO.

Este curso, adicado á AUGA, suxerímosvos que os contos estén ambientados nos distintos aspectos terroríficos deste elemento; catástrofes meteorolóxicas, maremotos, naufraxios, pozos profundos, piratas, animais acuáticos reais ou fantásticos pero que dean medo,... o que se vos ocorra!.

Os contos deberán ser en LINGUA GALEGA e escritos no folio-plantilla que se achega coa circular e non esquezades facerlle un espantoso e horroroso debuxo!

Grazas pola vosa colaboración!.

Data límite de entrega: 24 de outubro.