Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Visita Museo Massó 1º + 2º EP (18/10)

O vindeiro venres, 18 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de Educación de Primaria, visitará o Museo Massó (Bueu) para participar no obradoiro que leva por título: "A aventura do Nautilus". O obradoiro terá como temática central o Nautilus e a navegación submarina, inspirándose na famosa novela "20.000 leguas de viaje submarino", do escritor Julio Verne.

Ademais fará especial fincapé en pezas que conserva o Museo como un canón extraído das augas da enseada de San Simón no ano 1958, e que pertencía a algunha das embarcacións afundidas na famosa batalla de Rande no ano 1702