Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Showcooking con Santiago Figueroa Carpintero. Proxecto EduKsan. 24/09

O vindeiro martes, 24 de setembro, o alumnado do centro participará na presentación do proxecto "Edukando a comer: aprende a comer pescado blanco." Promovido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e as asociacións ACOPES e ANASOL , ten como obxectivo a promoción do consumo entre a poboación infantil e xuvenil do peixe branco, así como fornecer como actividades obrigatoria a educación nutricional en todas as etapas do ensino ao fío da lei Shokuiku xaponesa.

A través de diferentes dinámicas, o alumnado familirizarase con estas especies e coñecerá as súas propiedades tan saudables.

A actividade estrela da mañá, e na que participará todo o alumnado, é o showcooking que correrá a cargo dun dos máis destacados chefs do noso concello: Santiago Figueroa Carpintero. Elaborará, en directo, unha receita segreda exclusiva para o centro con peixe branco como principal ingredinte e que ao rematar poderemos degustar. 

AdxuntoTamaño
showcooking.jpg1.52 MB