Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Participa no PMUS de Redondela

PMUS-Redondela é unha iniciativa impulsada polo Concello de Redondela para dar a coñecer e debater as directrices estratéxicas e as principais propostas do futuro Plan de Mobilidade Urbana Sustentable de Redondela, en diante PMUS de Redondela.

O concello de Redondela está interesado na recollida e elaboración dos seguintes datos para coñecer a situación actual do municipio en canto a mobilidade se refire. Así como, coñecer as túas opinións e suxestións de cara a mobilidade futura.

Acceso ao formulario: https://docs.google.com/forms/d/1gl9ssorSQkZJFoFYdDlkHwwBwlgPdBdAzKUeDaFgsxI/viewform?edit_requested=true&fbzx=4965913599871049386

 

A enquisa é totalmente anónima en non se recollen datos persoais.

Un Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, PMUS, é un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sustentables (andar, bicicleta e transporte público) dentro dunha cidade; é dicir, de maneiras de transporte que fagan compatibles crecemento económico, cohesión social e defensa do medio ambiente, garantindo, desta forma, unha mellor calidade de vida para os cidadáns.

O PMUS de Redondela estrutúrase en tres eixos de traballo:

  • Eixo 01. Circulación viaria, tráfico e estacionamento,
  • Eixo 02. Mobilidade peonil-ciclista,
  • Eixo 03. Transporte público. Con este cuestionario preténdese coñecer a percepción que ten a cidadanía ao redor dos aspectos que teñen que ver coa mobilidade de Redondela. A enquisa manterase en liña ata o día 19 de Xullo.

Agradecemos a túa participación!