Saída Teatro Pontevedra "Merenda con Pan de Millo" Educ. Infantil (21/05)

Co gaio da celebración do Ano da Música pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da semana das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra, dentro do Proxecto Telecultura, convida ao alumnado de Educación Infantil á obra de teatro musicalizada Merenda con pan de millo.

A actividade terá lugar o vindeiro martes 21 de maio no Museo de Pontevedra.