Obradoiro recollida na praia 1º+2º (15/05)

Mañán mércores 15 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, participarán nunha xornada de limpeza da praia de Arealonga enmarcada dentro do proxecto Aulas Libera. A actividade, que se levará a cabo xunto técnicos medioambientais, ten como finalidade que o noso alumnado observe e comprenda a problemática do lixo na natureza. E remataremos a mesma, cuantificando os kilos de lixo recollidos para recibir a recompensa conseguida co noso esforzo e traballo.

É recomendable que o alumnado leve roupa cómoda e gorra para protexerse do sol.