Recoñecido pola Xunta o noso proxecto de MediaLab-Laredo

 

Estamos de noraboa, dentro das diferentes convocatorias da consellería relacionadas coa innovación educativa o noso proxecto "MediaLab  - Laredo" ven de ser recoñecido cunha financiación para o seu desenvolvemento, xunto con só 30 proxectos máis de toda Galicia (único centro en Redondela), para poder levarse a cabo durante este curso escolar 2018-2019. 

Así poís habilitarase un aula para a produción, creación e difusión multimedia (audio/vídeo) xestionada integramente polo alumnado, Radio e TV escolar e producións audiovisuais experimentais polo alumnado serán realizadas ao longo deste ano, previa reforma dunha aula, acondicionamento e compra de recursos necesarios.

Mencionado Media-Lab forma parte dun proxecto global de centro para o traballo STEM chamado "Laredo361º" que consta de: 

- Laredo 361º= Media-Lab + EspazoMaker + Club STEM