Visita Museo LISTE Infantil 05/12

O vindeiro mércores, 5 de decembro, o alumnado de Educación Infantil, visitará o Museo Etnográfico Liste de Vigo para participar na actividade que leva por título: Instrumentos Humildes. Mediante este obradoiro, que abrangue contidos tanto teóricos como prácticos, achegarase ao alumnado a contidos tales como: unha breve historia dos instrumentos humildes, a clasificación dos mesmos, a variedade nos modos de tocar e nos ritmos (alalá, muiñeira, alborada….) e os momentos de uso destes instrumentos (festas, foliadas, comparsas …). Farase tamén unha pequena demostración de mostras do cancioneiro popular (coplas e nanas) así como o achegamento e experimentación con instrumentos doutras culturas.