Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

Saída Campo Lameiro 1º+2º+3º+4º (12/11)

O vindeiro venres 12 de novembro, o alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º de Ed. Primaria, asistirán ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campolameiro.

O programa que desenvolverán será o seguinte:

  • Visita guiada á área arqueolóxica.
  • Obradoiros: “Cerámica coas mans” e “Arqueólog@s por un día”.
  • Exhibición de lume.

RETO 3: A Música dos Xogos e os Xogos da Música // Credencial da Lingua

Quen non xogou algunha vez á corda, á goma, ás mans,…e non cantou unha cantiga para acompañarse?

Por desgraza, aquelas que se cantaban en lingua galega, que eran moitas, están desaparecendo. E non queremos! Non queremos que desaparezan!

Celebración Magosto 08/11 09-14h

Estimadas familias;

Este ano imos celebrar a festa do Magosto por todo o alto e nun entorno natural moito máis axeitado que até de agora e coa intención de "normalizar" e recuperar as saídas que quedaran adiadas estes dous cursos anteriores.

Datas importantes da renovación Consello Escolar

Tras reunión e constitución da Xunta Electoral a día de hoxe ás 09:30h concrétase a seguinte planificación e procedemento na renovación do Consello Escolar sendo as seguíntes dúas datas de gran importancia para a nosa comunidade educativa: 

Invitación Escola de Familias Obradoiros 1º Trimestre

Estimadas Familias, estades convidadas a participar na nosa escola de Familias 2021-2022 organizada polo Dpto de Orientación do centro e o ANPA, así pois e preciso a vosa inscrición para a vosa participación nos obradoiros prácticos e organización de material. 

Festa do Samaín 29/10

Estimadas familias;

Este venres a rapazada pode vir disfrazada ao cole, pero pregámosvos que os disfraces elexidos sexan o máis cómodos posible e con poucos accesorios, pois por protocolo COVID non poden andar ciscados polo chán nen compartirse.

Renovación Consello Escolar: Constitución Xunta Electoral

Este ano renovarase o consello escolar do centro coa renovación de: 

  • 2 docentes
  • 2 familias

 Procederase a realizar o vindeiro 29 de Outubro un sorteo público para crear a Xunta Electoral: 

  • 29 de Outubro ás 10h
  • Sorteo Público (1 docente + 1 familia)

Que é a Xunta Electoral?

Serán competencias da citada xunta:

Club de Lectura AreaLonga Actividades 1º Trimestre 2021-2022

O Club de Lectura Arealonga do CEIP de Laredo é un club de lectura interxeracional no que participan alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, profesorado e familias do CEIP de Laredo.

Actividades previstas para o 1º trimestre:

Distribuir contido