Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

ANPA: Cesta Nadal

Escola de Familias: Obradoiro Creativo de Nadal 20/12

O vindeiro Luns 20 de Decembro as familias están convidadas a un obradoiro de creatividade e arte con materiais naturais (centros de mesa, coroas de advento...) da man da nosa floristera de referencia Esther Vidal "Floristeria Vidal" o longo da tarde.

Obradoiros de arte Floral Educ. Infantil e Primaria

A nosa floristera  de referencia Esther de Floristería Vidal ven ao centro dende hoxe ata o Xoves a realizar unha serie de obradoiros sobre arte de floral co alumnado de Infantil e Primaria. 

I Maratón da Ciencia 1º+2º EP 18/12

Familias e alumnado  de 1º e 2º de Primaria, estades convidadas a participar no I Maratón da ciencia que se celebrará o vindeiro 18 de Decembro en horario de mañá no centro. 

Experimentos, xogos, matemáticas, física, química.....e muita "maxia" científica!!!!

Data Límite inscripción Luns 13 Decembro

RETO 4: Xogos e xogeutes non // Credencial da Lingua

Estimadas familias;

Estamos á porta do Nadal, tempo de estar en familia, de descansar, de comer ben, ...e de agasallos!

E cántas voltas lle damos á cabeza pensando nos xogos e xoguetes que imos pedirlle ao Apalpador, a Papá Noel, aos Reis,...!

Relación Definitiva alumnado admitido CLUB de Ciencias

  

Convócase ás familias do alumnado relacionado a unha xuntanza informativa o vindeiro Venres 17 de Decembro ás 16h

Pregamos confirmación da asistencia a clubciencias@ceipdelaredo.com.

Un cordial saúdo

Axúdasnos a decorar a nosa árbore de Nadal?

 

Estimadas familias;

O próximo martes empezamos a decorar a nosa árbore de Nadal e , como todos os anos, precisamos da vosa axuda. Este curso, coa temática dos XOGOS E XOGUETES, queremos encher as pólas da nosa árbore de PEQUENOS XOGUETES .

Precisamos que elixades un xoguetiño, lle poñades unha cinta co nome de cada neno e nena, e o traian ao colexio para penduralo ATA O 10 DE DECEMBRO.

Apúntate ao Club de Ciencias 2021-2022

 

Apúntate na nova convocatoria do Club de Ciencias 2021-22 dentro das dinámicas do centro incluídas no noso proxecto anual “LAREDO XOGAMOS...coa CIENCIA”, que pretende traballar o ámbito científico, químico, creativo e tecnolóxico.

1.1 FINALIDADE

Recollida Solidaria de Xoos e Xoguetes (1-10 decembro)

Estimadas familias;

Como quen non quere a cousa, xa estamos ás portas do Nadal! E como primeira actividade deste intenso mes, imos facer unha RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGOS E XOGUETES para celebrar o DÍA DA SOLIDARIEDADE que tamén conmemoramos nestas datas.

Distribuir contido