Skip to Content

Programación 3º de primaria curso 2023-24

EU FUN SEMPRE UN ARGALLANTE: Revista anual

EU FUN SEMPRE UN ARGALLANTE

Revista anual

 

 

4º de Infantil estudamos os gusanos.

As nosas cámaras de fototrampeo no monte de Soutelo.

     O trampeo con cámara utilízase para estudar a fauna dunha zona determinada xa que permite coñecer que especies están presentes na zona.

     Colocamos a cámara en dous puntos fixos durante varias semanas e neste vídeo podemos ver os resultados; xa que captaron algunhas especies que habitan na zona.

AS EMOCIÓNS 5º PRIMARIA.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Neste curso quixemos centrar a nosa atención na promoción de hábitos de alimentación saudables, entre outros obxectivos. Por iso comezamos a nosa labor cunhas charlas dunha nutricionista, coa que organizamos uns talleres deliciosos.

As xornadas foron dirixidas aos nen@s de primaria, adaptándoas aos diferentes niveis.

 

Cos máis pequeniñ@s (de 1º a 3º) fixemos un breve achegamento aos grupos de alimentos, pirámide de alimentación, inxestas recomendables ao día...

                    

... para rematar degustando un delicioso e saudable aperitivo a base de iogur/xelatina, froitas e froitos secos.

 

 

Cos maiores (de 4º a 6º) fíxose unha exposición máis completa, proxectando e falando dos conceptos esenciais da alimentación saudable e equilibrada.

Pero tivéronno un pouco máis difícil que o primeiro grupo, pois os nenos e nenas desta segunda xornada tiveron que demostrar os seus coñecementos cun rosco.

 

Unha vez superada a proba puideron desfrutar duns saborosos bocadillos.

 

Días despois, fomos comprobando como as xornadas calaran fondo neles e nelas. Estas foron as súas merendas...

 

FOI UN ÉXITO!

O NOSO PEQUENO HORTO

 

 

PICA NA IMAXE PARA VER O PROCESO

OS COIDADOS DAS PLANTAS. PROXECTO "A HORTA".

O MONSTRO COME MEDOS

            .   

        .   

.           

    .   

TALLER CREATIVO. EDUSOSTIBILIDADE.

 

 

É certo que cando desfrutamos facendo algo o tempo pasa moi rápido, o sangue flúe máis rápido e o sorriso asoma ás nosas caras. Hoxe quedou demostrado que a creatividade parte do sentimento e da emoción.

Grazas a tod@s por participar!

P.D.: O taller continuará para darlle luz aos días de choiva.

Mariña Ambiental. Limpeza do noso entorno.

MARIÑA AMBIENTAL

LIMPEZA DO NOSO ENTORNO

"Mariña Ambiental" é un proxecto a pro do planeta que xorde da colaboración da UDC e a Fundación Alcoa. Como era evidente, dada a nosa preocupación, decidimos solicitalo. 

Polo tanto...

Onte, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º saimos do cole para contribuir ao coidado do medioambiente.

Pensamos na zona onde se realiza a feira porque sempre quedan residuos. 

Asique puxémonos mans á obra. Puxemos as luvas e...

... e alucinamos! Atopamos de todo!

Polo que, unha vez limpa a zona, deixamos un cartel para concienciar aos usuarios de que é un espazo de todos e que debemos mantelo limpo para poder desfrutalo.

"A SOSTIBILIDADE É O NOSO OBXECTIVO"

UN PATIO SOSTIBLE

UN PATIO SOSTIBLE

Desde o equipo de Edusostibilidade, quixemos empregar o noso esforzo para incidir no patio, mediante a creación de xogos populares feitos con material de refugallo coas nosas propias mans.

Comezamos elaborándoo coa axuda dos nosos mestres e mestras e pintándoos de bonitas cores.

Practicamos como lanzar os aros.

E, finalmente, quedaron a disposición dos nenos e nenas de infantil para que desfruten del. E foron un éxito!

Continuaremos creando máis!

 

Traballamos a inclusión en Primaria

Este curso, os alumnos e alumnas de 5º investigamos sobre Celso Dourado e fixémoslle unha entrevista.

COÑECEMOS A FIGURA DO ARTISTA

 

INVESTIGAMOS

 

CADA UN/UNHA FIXEMOS CATRO PREGUNTAS E, CON ELAS, ELABORAMOS A ENTREVISTA FINAL

 

A resposta a todas estas preguntas... á volta!

Durante o primeiro trismestre do próximo curso o artista dará resposta ás nosas preguntas.

 

IGUALÁ-T Inglés.

IGUALÁ-T Inglés.

SOGAMA

SOTAVENTO

 

No primeiro trimestre tivemos a sorte de poder contar co equipo de Sotavento, que nos trouxo e nos achegou un ano máis ás enerxías renovables e á importancia do seu fomento para o medioambiente.

Quixemos que os nosos alumnos e alumnas vivenciasen a forza da natureza e que se concienciasen de que con pequenas accións podemos cambiar a difícil situación que estamos atravesando co cambio climático.

Foron dúas xornadas nas que os nenos e nenas aprenderon e se divertiron moito.

Descubriron como coa luz solar podemos producir enerxía.

Mollando as mans fixeron xirar unhas aspas para percatarse da forza que ten a auga.

Degustaron un chocolate quentiño que o propio sol nos axudou a atemperar.

Teorizaron sobre o mal uso da enerxía nuclear e o desaproveitamento das enerxías renovables.

 

Investigamos os bicho bola en 4º de infantil.

UNHA MOSTRA MÁIS DOS EXPERIMENTOS DE 3º

EXPERIMENTO DE 3º

OUTRO EXPERIMENTO MÁIS DE 3º

ANÍMATE E EXPERIMENTA CON NÓS, CON 3º

QUERES EXPERIMENTAR? ÚNETE A 3º

ALGUÉN DIXO EXPERIMENTO? 3º

UN EXPERIMENTO MÁIS DE 3º

MÁIS DOS EXPERIMENTOS DE 3º

EN 3º GÚSTANOS MOITO EXPERIMENTAR

MÁIS DE 3º E OS SEUS EXPERIMENTOS

3º CONTINÚA EXPERIMENTANDO

MÁIS EXPERIMENTOS EN 3º

EXPERIMENTOS DE 3º

Distribuir contido


by Dr. Radut