Skip to Content

SOGAMA

SOTAVENTO

 

No primeiro trimestre tivemos a sorte de poder contar co equipo de Sotavento, que nos trouxo e nos achegou un ano máis ás enerxías renovables e á importancia do seu fomento para o medioambiente.

Quixemos que os nosos alumnos e alumnas vivenciasen a forza da natureza e que se concienciasen de que con pequenas accións podemos cambiar a difícil situación que estamos atravesando co cambio climático.

Foron dúas xornadas nas que os nenos e nenas aprenderon e se divertiron moito.

Descubriron como coa luz solar podemos producir enerxía.

Mollando as mans fixeron xirar unhas aspas para percatarse da forza que ten a auga.

Degustaron un chocolate quentiño que o propio sol nos axudou a atemperar.

Teorizaron sobre o mal uso da enerxía nuclear e o desaproveitamento das enerxías renovables.

 

Investigamos os bicho bola en 4º de infantil.

UNHA MOSTRA MÁIS DOS EXPERIMENTOS DE 3º

EXPERIMENTO DE 3º

OUTRO EXPERIMENTO MÁIS DE 3º

ANÍMATE E EXPERIMENTA CON NÓS, CON 3º

QUERES EXPERIMENTAR? ÚNETE A 3º

ALGUÉN DIXO EXPERIMENTO? 3º

UN EXPERIMENTO MÁIS DE 3º

MÁIS DOS EXPERIMENTOS DE 3º

EN 3º GÚSTANOS MOITO EXPERIMENTAR

MÁIS DE 3º E OS SEUS EXPERIMENTOS

3º CONTINÚA EXPERIMENTANDO

MÁIS EXPERIMENTOS EN 3º

EXPERIMENTOS DE 3º

O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA EXPERIMENTAMOS UN MONTÓN

MACEDONIA DE FROITAS

DANDO COMEZO Á PRIMAVERA, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DECIDIMOS DESFRUTAR DUNHA MACEDONIA DE FROITAS PARA APRENDER A COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN. FALAMOS DO NECESARIAS QUE SON AS FROITAS PARA CRECER SANS E FORTES E AS NOSAS MESTRAS CONTÁRONNOS DESTA DIVERTIDA FORMA DE COMELAS, TODAS MESTURADAS!

PERA

FRESA

PLÁTANO

ZUME DE LARANXA

 

PICADE NA IMAXE PARA VER QUE BEN SE NOS DEU E O SABOROSA QUE ESTABA.

 

✧Women and Cinema✧ 6º E.P.

Biodiversidade 5º Infantil

 

Estudamos a BIODIVERSIDADE en 1º de Primaria.

VIVAN AS UÑAS DE CORES!

Co gallo de conmemorar o Día da Muller, 8M, dunha maneira especial e divertida para os nenos e nenas, organizamos unha sesión diferente.

 

 

Preme na imaxe!

 

As cores da pel

Os nenos e nenas de 2º de primaria traballamos a inclusión e a igualdade co conto As cores da pel de Coni La Grotteria. PICA NA IMAXE para ver o noso traballo!!!

Así traballamos a inclusión en Infantil.

 

 

Admisión de alumnado 23/24.

CALENDARIO DE ADMISIÓN Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo Horario de secretaría: de 09:00 a 15:00 h. Posibilidade de descarga de impreso na seguinte dirección: htpps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou na páxina da Consellería de Educación.

QUE FACEMOS POLA SOSTIBILIDADE?

QUE FAS TI POLA SOSTIBILIDADE?

Despois de facer as charlas de iniciación, de achegamento, aos conceptos básicos da sostibilidade e aos obxectivos do desenvolvemento sostible, quixemos comprobar ata onde entenderan a amplitude deste termo.

Concluímos que se centraran naquilo que coñecen e ao que están acostumados a traballar: reciclaxe, reutilización, aforro de auga, doazón de roupa e calzado...

Así a participación neste mural foi bastante elevada.

 

Que máis podes facer ti pola sostibilidade?

Esta pregunta resultoulles máis complicada de contestar e non tivo o éxito esperado, polo que concluímos que hai conceptos que se deben reforzar.

SOSTIBILIDADE abrangue o coidado da natureza, por suposto; pero tamén o coidado integral da persoa, facendo fincapé na igualdade a todos os niveis e na educación de calidade.

Celebrando o 50 Aniversario do colexio e as Letras Galegas 2023.

Curiosidades de Don Paco

O Monte Soutelo

Aquí podedes ver o que @s nen@s de 5º de Ed. Infantil, coa colaboración das súas familias, crearon.

Para iso deberes clicar na imaxe.

En breve escoitaredes nas nosas propias voces este conto.

 

 

Moitas grazas pola gran aportación e colaboración de cada unha das familias.

 

Sin vós, non sería posible.

 

Este traballo é moi importante para tod@s @s nen@s. 

 

Moitísimas grazas.

 

ACHEGAMENTO Á SOSTIBILIDADE

A pasada semana puxémonos mans á obra e comezamos a traballar no noso proxecto de sostibilidade comezando por un breve achegamento á mesma.

Que é o "Desenvolvemento Sostible"? é a pregunta da que quixemos arrincar para sentar as bases do resto de actividades; así como, cales son os obxectivos (ODS) que nos guían.

Realizamos catro charlas: dúas cos maiores e outras dúas cos máis pequeniños, para facer unhas exposicións adaptadas ás diversas idades.

Somos a xeneración do cambio!

Esta foi a presentación coa que empezamos e que contén algunhas actividades, vídeos e ligazóns para ampliar coñecementos. 

 

Pica na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut