Curso 2018-2019

XXX Feira do Mel do Ortegal e IV Feira da Mazá

Hoxe, domingo 11 de novembro, o noso alumnado e as súas familias, achegáronse a esta feira para recoller os diplomas por participar, como xa é tradición, no concurso de carteis da Feira do Mel do Ortegal e a Feira da Mazá.

 

Todos os carteis foron expostos para que todos puideran ver o traballo realizado polos nenos. Este ano, participaron tamén o CEIP da Barqueira.

Velaquí tendes a exposición dos nosos traballos.

 

 

Os traballos presentados polo noso centro son carteis elaborados por cada unha das aulas, traballando xuntos nun produto final. As aulas premiadas foron as de 6º de Educación Infantil; e en Primaria as de 2ºA, 4ºA e 5ºA. Aquí podedes ver aos representantes das aulas gañadoras recollendo os diplomas.

 

 

Non pensedes que os demáis quedaron sen o seu diploma, houbo para todas as aulas. Se quederedes ver máis fotos pinchade aquí

 

Desde o centro queremos dar as grazas á Asociación Galega de Apicultura, e á delegación da Comarca do Ortegal en particular, por ter esta iniciativa. Tamén por achegarse ao colexio o pasado venres para entregar un pequeño agasallo a todos os participantes.

Distribuir contido