Información sobre Educación Infantil

No CEIP José María Lage, o equipo de educación infantil non utiliza ningún método (editorial), polo que as familias non teñen que mercar libros. O material ou traballo individual do alumnado é confeccionado polo profesorado, adaptándose á programación de ciclo.


A cooperativa é un medio polo que xestionar os pedidos de material escolar común que utiliza o alumnado ao longo do curso escolar. Deste xeito evítase que cada alumno merque, leve ou garde o seu material individual, xa que disporá del colectivamente na súa aula.


Son os titores os que cada curso avalían as necesidades de material e estiman o gasto necesario para a aula. A cooperativa empregarase para dotar ao alumnado dos materiais que o titor considere necesarios para o desenvolvemento do curso académico. A cooperativa empregarase tanto para material funxible como para material educativo, orlas, complementos para as festividades... Do mesmo xeito, os titores tamén deciden o establecemento que dispón do material necesario e realizan os pedidos.


A cooperativa ten un carácter voluntario. A familia que non desexe utilizar este método de xestión do material, recibirá do titor unha lista co material necesario para o seu fillo. É necesario cumprir coas especificacións da lista: cantidades, tipo de material, así como a marca concreta do produto que deberán ser respectadas.


Trimestralmente as familias recibirán por escrito, xunto co boletín de notas, a contabilidade da cooperativa: gastos realizados e remanente. Os recibos de compra estarán sempre a disposición das familias por se os queren revisar.


Se no mes de xuño quedase algún remanente, este pasará a formar parte da cooperativa do curso seguinte nas aulas de tres e catro anos. Nas aulas de cinco anos os cartos sobrantes ao final de curso repartiranse entre as familias.


No caso de alumnado que se incorpore ao longo do curso, aboará a cuota fixada para os demais. Se algún alumno se marcha do centro, non se lle devolverán os cartos.


Creemos na educación global das persoas, por iso fomentamos hábitos saudables relacionados co medio ambiente, a saúde, a hixiene persoal e  a alimentación. Un exemplo é o menú que propoñemos ás familias para os almorzos antes do recreo:















LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
 Froita  Bocadillo

Froita 

 Bocadillo  Froita