Biblioteca

Alma de elefante

"Alma de elefante" foi un libro que aos trasnos de 5º EP lles encantou. Recoméndano sen lugar a dúbidas!!!! A historia de 2 irmáns que viven nun remoto lugar de Asia, na defensa dun elefante. Alma de elefante e alma de bolboreta mestúranse para lograr o propósito.

Podedes collelo na biblio e gozar coma eles e elas desta marabillosa lectura!!!

 

No corazón do bosque

O alumnado de 4º EP e 6º EP compartiu un rato agradable de lectura co libro "En el corazón del bosque" de Agustín Fernández Paz. Apuntaron moitas frases interesantes que compartiron co resto de trasnos e trasniños. Elba fixo unha merenda moi moi saborosa!!! Aanimámosvos a que leades este libro tan chulo que temos na biblioteca, e de paso, a que visitedes as Fragas do Eume. Esta historia está ambientada nas fermosas paisaxes das Fragas do Eume.

O desencantamento

O alumnado do club de lectura e o alumnado de 4º e 1º EP tiveron a sorte de contar cun contacontos moi especial!! "O desencantamento", un libro novo baseado nas mouras de Galicia que nos trouxo Judit. Un conto máxico cunhas ilustracións espectaculares!!!!

Alexander Calder

Mirade que esculturas tan fermosas fixeron as nenas e nenos da aula de 4º EP inspirándose en Alexander Calder!!!

Si queredes facer unhas esculturas así de chulas só tedes que coller o libro na biblioteca!!

 

O lecer

O alumnado de 4º EP, a partir do conto "Avoa adormecida", realizou unha actividade conxunta coa residencia "O Lecer". Prepararon un poema titulado "Colleita de estrelas" extraído do "Libro das avoas". Investigaron sobre o acivro, unha árbore de Galicia que agasallaron aos residentes e traballadoras para plantar no seu xardín como recordo da súa visita. Tamén elaboraron unhas estrelas de tea nun obradoiro no que colaborou Mary, nai dun alumno desta aula e que tanto residentes como traballadoras, colocaron nas súas árbores de Nadal. Visitaron a residencia, coñeceron o funcionamento e as instalacións pero sobre todo recibiron o agarimo e a tenrura coa que os recibiron as persoas maiores. Eles e elas tamén tiñan un agasallo para eles, unhas galletiñas de améndoas que venden para financiar os seus obradoiros. Se queredes colaborar con eles e elas, só tedes que chamar e encargar as vosas bolsiñas de galletas. ESTAN BOÍSIMAS!!!! 

REPETIRÁN A VISITA!!!! FOI XENIAL!!!!

GRAZAS Á RESIDENCIA O LECER POLO BEN QUE OS TRATARON!!!

El color de tu piel

O alumnado de 4º EP estivo traballando en Ed. en Valores o conto "El color de tu piel" que o recomendamos sen lugar a dúbidas. Fixeron un teatriño chulísimo que vos convidamos a ver picando no vídeo!!!!

Tede o conto na biblioteca por si o queredes ler!!!

 

Recomendacións lectoras

Dende o equipo de biblioteca, queremos recomendarvos para o Nadal  ou calquera outra data (calquer momento é bo para ler) todas estas fermosas historias.

DÍA DA DISCAPACIDADE

No Día Internacional das persoas con discapacidade, dende a biblioteca do Ceip Josefa Alonso de Alonso, realizamos unha actividades relacionadas coa temática do centro para conmemorar este día. Botade unha ollada ao vídeo para ver as actividades. "Todos baixo o mesmo paraugas" o alumnado de infantil, e deportes con certas limitacións para o alumando de primaria.

Máscaras de Picasso

O alumnado de 4º EP co libro "Pablo Picasso", non só se aproximou á vida e obra deste gran artista senón que crearon as súas propias máscaras inspirándose nas de Picasso. Podedes gozar deste libro na biblioteca!!!!

Recomendacións 4º EP

Dende a aula de 4º EP queremos recomendarvos estes libros tan chulos!!!!

 

Distribuir contido