4º E.P.

Actividades propostas para 4º EP ( 18 de maio - 22 de maio )

Boas, chic@s!

Moi ben polas actividades en Snappet!

(Os “folletos” que vos pedía facer nunha das tarefas de Lengua, podo recibilos no correo. Tamén calquera outra actividade que teñades que facer “en papel”).

Sobre o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero, espero que xa saibades moitas cousas!

 

Proposta de tarefas para facer nesta semana,do 18/5/20 ao 22/5/20:

LUNS: Lingua (actividades enviadas por Snappet).

 

MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

MÉRCORES: Lingua (actividades enviadas por Snappet).

 

XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

VENRES: Ciencias Naturais. Vídeos e retos para facer.

 

Como seguro acertastes nos retos anteriores, as tres funcións vitais son a nutrición, a relación e a reprodución.

Seguimos repasándoas, enfocándonos agora na función de relacióne como funciona o aparello locomotor nela.

Tamén vos seleccionei unhas curiosidades sobre o cerebro, o órgano que se ocupa de que todo eso funcione.

 

Para Valores, ademais de seguir con lectura e pensando nas emocións reflectidas, podedes participar na actividade de “Eu para non aburrirme...” do Recuncho da Poesía e explicar o que facedes vós (esto vale tamén para tod@s!).

 

Non esquezades seguir lendo a diario.

Espero que pasedes unha boa semana.

Unha aperta.

Maita

 

Actividades propostas para 4ºEP (11 maio- 15 de maio)

Bos días!

 

Espero que esteades moi ben.

Parabéns polas tarefas! Envíovos unhas pequenas anotacións:

- Recordade ler ben o texto para respostar nas preguntas de comprensión (pode ser preciso lelo máis dunha vez, ou retomar o texto). Lembrade que a lectura en voz alta pode resultar moi útil.

- Tamén que “nunha” pregunta pode haber dúas ou máis cuestións. (Fixádevos ben en respostar a todo o que vos preguntan no enunciado!: lédeo con calma e pensade no que ides contestar antes de facelo).

- Convén que teñades a man papel e lapis, bolígrafo… (Para varias actividades o ides necesitar e/ou vai vir moi ben).

- Cando teñades que pasar varias unidades de medida a unha soa unidade, ídeo facendo por partes: primeiro unha, logo outra… e ao final facedes a suma (unha vez teñades todo na mesma unidade de medida). Por exemplo:

93hm 229dm= 93000 dm + 229dm= 93229 dm.

(93hm x 1000= 93000)

9km, 6dam e 1 m= 9000m+60m+1m= 9061m.

Déixovos un pequeño cadro coas medidas de repaso:

Proposta de tarefas para esta semana (do 11/5/20 ao 15/5/20):

 

LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

VENRES: Ciencias Sociais. Vídeos e retos para facer.

 

Imos celebrar as Letras Galegas, así que vos quedan tamén unhas actividades ao respecto.

Actividades Letras Galegas (recoméndase uso de navegador Chrome)

Biografía de Carvalho Calero

Actividades on line

Actividades para imprimir (opcional)

Actividades de Educación Artística

 

Espero que pasedes unha moi boa semana. Ánimo!

Maita

Actividades propostas para 4ºEP (4 maio- 8 de maio)

Bos días!

Espero que esteades todas e todos ben.

En xeral, fixestes moi, moi ben as actividades en Snappet!

Só uns pequenos recordos:

- Lembrade seguir poñendo maiúsculas nos nomes propios (tanto de persoas como de lugares).

- Unha carta debe levar data, saúdo, o contido que se escribe e unha despedida ao final.

- Cando queremos saber canto costa unha cousa soa (e nos dan o valor de varias), temos que facer unha división.

Encantoume ler as actividades nas que destacades, as que vos gustan e como vos sentides con elas.  Tamén ver que investigastes as obras de Mozart (4º) e que vos gustaron en xeral!

 

 Déixovos a proposta de tarefas para esta semana (do 4/5/20 ao 8/5/20):

Luns: Lingua Galega (actividades enviadas por Snappet)

Martes: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet)

Mércores: Lingua Galega (actividades enviadas por Snappet)

Xoves: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet)

Venres: Ciencias Naturais (actividades na páxina WEB do centro, dentro dos enlaces dos "bonequiños bailando" de 3º e 4º).

Recomendo que vos centredes nas tarefas de Snappet; aí xa vos vou eu seleccionando as actividades que considero máis significativas para que repasedes cada día. 

 

Moito ánimo!

 

 Actividades de Educación Artística

 

 

 

 

Actividades propostas para 4ºEP (27 de abril - 30 de abril )

Bos días, chic@s!

Parabéns polas tarefas!

Nesta semana (27/4/20 - 3/5/20) envíovos a nova proposta:                                    

  • LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

  • MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

  • MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

 

  • XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

 

  • VENRES: (Festivo).

A semana pasada, como sabedes, celebrouse o 23 de abril o Día Internacional do Libro.  Dentro do blogue da biblioteca (nesta páxina web abaixo á esquerda), tedes unha explicación de por que se decidiu escoller ese día como celebración.

Animádevos tamén a participar nas propostas de recomendacións de libros e recordade seguir lendo moito!

Tamén, durante este confinamento, tivo lugar o Día Mundial da Poesía (o 21 de marzo). 

Lembrades as poesías que vos propoñía facer durante a primeira quincena deste período (do 16 de marzo ao 30 de marzo). Podedes envialas ao correo do colexio, se as queredes compartir.

Feliz semana !

Actividades propostas para 4ºEP (20 de abril - 26 de abril )

Bos días!
Parabéns polos traballos realizados, incluíndo os da plataforma Snappet!
 
Nesta semana (do 20/4/20 - 26/4/20 ) envíovos a nova proposta de tarefas para facer ao longo dela:                   

  • LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

  • MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

  • MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).

  • XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).

  • VENRES: Ciencias Sociais (actividades de C.C.Sociais na web do centro

Para Valores Sociais e Cívicos: Ler un conto ou poesía en voz alta.  Identificar as emocións básicas que aparecen (tristeza, felicidade, sorpresa, asco, medo, ira-enfado-) e as que che fan sentir a ti.


Os cadernos de Santillana dos enlaces do centro quedan como recurso para que poidades utilizar se acabades co traballo de Snappet e demandades máis actividades ; ou se por calquera motivo non puiderades acceder a Snappet.


Continuade tamén co visionado de Educlan TV polas mañás.


Anímovos de novo a que sigades xogando e aprendendo moito xogando.
Tamén a que leades, a que leades moito: contos, novelas, ou outros xéneros que vos gusten.  E a escribir, a escribir todo aquelo que vos acontece, que vos cuestionedes, que vos emociona, que vos gusta...  Podedes seguir ou comezar con ese diario que vos propoñía na primeira quincena deste período, ese diario que é para vós, persoal, pero que pode axudarvos tanto no avance da expresión escrita como facervos compaña nas emocións.
Tamén podedes seguir facendo traballos sobre calquera tema ou personaxe que vos motive, escribilos a man ou no ordenador e envialos ao correo do centro para compartilos na web do colexio.  Como suxerencia, tedes todo o relacionado co Proxecto deste curso: O cambio climático, reciclaxe...


Moitos saúdos para tod@s!

MATEMÁTICAS 4º: PASAR DE NÚMERO MIXTO A FRACCIÓN

Boas,

Déixovos uns exemplos e explicación de como converter un número mixto en fracción (aparece un exercicio sobre elo no caderno de Matemáticas de Santillana):


C.C. Sociais: O planeta Terra e o cambio climático.

Bos días!

Na publicación anterior, o oleiro aparecía no terceiro vídeo, o referido ao sector secundario, entre o minuto 1:19 segundos e o 1:22.  Seguro que o acertastes!

Achégovos hoxe uns novos vídeos sobre a Terra, a súa posición dentro do Sistema Solar, unhas curiosidades sobre os planetas, que é iso do efecto invernadoiro e a que nos referimos cando falamos de quecemento global e de cambio climático (non é o mesmo, veredes!).

Propóñovos uns novos RETOS:

- Como se chaman os fragmentos de rocha que hai detrás de Marte?

- Cantas lúas ten Xúpiter?

- En que consiste o efecto invernadoiro?  Explícao coas túas palabras.

- Que é o cambio climático?

Ánimo!

O Sistema Solar

https://www.youtube.com/watch?v=vQIsQK4m7Qk

Efecto invernadoiro

https://www.youtube.com/watch?v=0IYozXSfHDs

Cambio climático e quecemento global

https://www.youtube.com/watch?v=4_luP3GdAmE