Bos días!
Envíovos uns vídeos para que repasedes os tipos de plantas, vexades curiosidades sobre algunhas delas e vos fixedes nos dous tipos de reprodución que poden realizar (sexual ou asexual), segundo o tipo de planta de que se trate.
Propóñovos tamén uns RETOS (se non os sabedes resolver xa, non vos preocupedes, podedes atopar a solución nos vídeos que vos achego!):
1. Mediante que proceso liberan osíxeno as plantas?
2. Cantas persoas se necesitarían para abrazar a árbore de Tule? (Vídeo sobre curiosidades)
3. Que necesitan as plantas para fabricar o seu alimento?
4. Que tipos de polinización existen?
5. Sabes dicir que tipo de reprodución ten a pataca?
ÁNIMO e ADIANTE!
https://www.youtube.com/watch?v=ThbSPNlRz0o [2]
https://www.youtube.com/watch?v=wBjaQuyMr18 [3]
https://www.youtube.com/watch?v=GIdzNQqsr74 [4]
https://www.youtube.com/watch?v=eAaZ_uo3mXo [5]
https://www.youtube.com/watch?v=LLlTJRd4EyQ [6]