Skip to main content

Carapuchiña vermella

Érase unha vez, unha nena moi bonita e moi boa, chamada Carapuchiña Vermella, e porque se chamaba así? Porque a súa nai lle fixera unha capiña de cor vermella e todos no pobo coñecíana por iso...

carapuchiña

nai

Un día a súa nai pedíulle que levase un pastel e mel á súa avoiña que vivía ó outro lado do bosque e atopábase enferma. Antes de irse díxolle a nai a Carapuchiña:

-Non te entreteñas polo bosque posto que é moi perigoso e sobre todo non fales con descoñecidos!....

 Carapuchiña recolleu a cestiña co pastel e coa mel e púxose en camiño. Para chegar á casa da súa avoíña tiña que cruzar o bosque, pero non lle daba ningún medo.

Encantáballe recoller flores e desobedecendo a súa nai , parouse a recoller unhas poucas para a súa avoa...

De repente de entre o medio das árbores apareceu un lobo que a simple vista parecía amable e simpático...

O lobo comezou a falar con Carapuchiña Vermella:

-Hola rapaciña!, a onde vas con esa cestiña?-preguntoulle o lobo.

-Á casa da miña avoiña que está enfermiña.-Contestou Carapuchiña.

-Oh!-dixo o lobo.-Pois se queres chegar antes, aconséllote que vaias por este caminiño de aquí que é moito máis curto..

Carapuchiña Vermella nun primeiro momento desconfiou pero logo pensou que ese lobo tan simpático non a enganaría así que lle fixo caso e marchou polo camiño indicado polo lobo...

O lobo moi malvado enganou a Carapuchiña para chegar antes á casa da súa avoíña e así poder comela. E así o fixo, finxíu a voz de Carapuchiña e cando a pobre velliña abríu a porta, o lobo , dun enorme bocado , comeuna sen tan sequera masticala , e tras comela disfrazouse co seu camisón e o seu gorriño e meteuse na cama esperando a chegada de Carapuchiña Vermella , que sería o seu seguinte prato...

Carapuchiña Vermella chegou de seguido. Chamou á porta..TOC TOC TOC.

-Avoíña!, son eu, Carapuchiña Vermella que veño a ver como te atopas..

 

-Pasa, pasa e achégate á cama Carapuchiña!, -díxolle o lobo á nena finxindo a voz da avoiña...

A nena, achegóuse á cama e víu á súa avoa, un pouco cambiada...

-Hola avoíña!, traioche unha cestiña con mel e un pastel para que te mellores. -Díxolle docemente Carapuchiña Vermella.

-Oh pero avoíña, que ollos máis grandes tes!

-Son para verte mellor Carapuchiña!. -díxolle o lobo tratando de imitar á súa avoa.

-Avoíña, avoíña, que orellas tan grandes tes!

-Son para escoitarte mellor!.-seguíu dicindo o lobo..

-Pero... avoíña , avoíña, que boca tan grande tes!...

-E para comerte mellor!- e dicindo isto  o malvado lobo avalanzóuse sobre Carapuchiña Vermella e devorouna dun bocado como fixera coa súa avoíña....

 

Mentras tanto un cazador que rondaba polo bosque escoitou os gritos da nena e decidíu buscala para ver que ocurría...

Cando chegou á casa da avoíña de Carapuchiña atopóuse ó lobo durmindo cunha enorme panza de comer a Carapuchiña e a súa avoa.

O cazador , moi listo, decidíu abrir a tripa do lobo e aproveitando que durmía , salvar así a Carapuchiña e a súa avoa...

E así o fixo, da barriga do lobo saíron á avoíña e Carapuchiña Vermella moi agradecidas ó cazador por salvalas.

O cazador para vengarse do lobo, enchíu o seu ventre de pedras e logo volveuno pechar. Cando o lobo espertou do seu pesado sono, encontrouse ó cazador, a avoíña e a Carapuchiña moi enfadados e cando intentou fuxir o peso das pedras non llo permitiron. O cazador atrapouno e atando as súas patas, levouse ó lobo moi lonxe de alí mentres Carapuchiña e a súa avoíña agradecían ó cazador todo o feito...

Para festexalo, Carapuchiña e a súa avoa merendaron o rico pastel cunha taciña de chocolate. Carapuchiña prometíu obedecer sempre á súa nai e non volver a falar con descoñecidos...

..E COLORÍN COLORADO ESTE CONTO REMATOU

APLAUDIDE SE VOS GUSTOU....

 

                               FIN

 

-Así o vimos os de 5 anos..