Eventos

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

APERTURA PROCESO ADMISIÓN

Benqueridas familias:

O vindeiro día 1 de marzo comezará o proceso de admisión.

Para levar a cabo este proceso coa maior seguridade para todos/as, a solicitude de admisión farase prioritariamente de forma telemática a través da sede electrónica:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Podedes ver as instruccións para cubrilo correctamente picando AQUÍ. É moi importante para facelo correctamente.

Debedes adxuntar a esta solicitude o DNI de todos os membros da unidade familiar (por si houbera algún erro, poder facer a comprobación), o libro de familia e o padrón. Recordade que a solicitude deberá estar asinada por todas as persoas que autoricen a consulta de datos e polos proxenitores/representante legal. Como soamente é posible asinar dixitalmente o documento por unha persoa, se deberá anexar o escaneo dos documentos asinados polo resto de persoas que aparecen na solicitude e deban asinala.

Unha vez revisada a documentación presentada pola secretaría do centro, de faltar algunha documentación, poñerémonos en contacto co pais/nai ou titor/a legal dos/das solicitantes para intentar subsanar o posible erro.

De forma excepcional, para aquelas familias que non poidan facer a solicitude telemática, a secretaría do centro estará aberta de 09:00 a 14:00 para a presentación da solicitude xunto coa documentación necesaria, pero a atención será mediante cita previa para evitar posibles aglomeracións inncesarias. Para a solicitude de cita previa, deberase mandar un email a ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal ou ben, chamar a  ao 881.880.802 de 09:00 a 14:00 horas. Só poderá vir unha persoa por alumno/a solicitante e a duración do trámite non poderá superar os 15 minutos, polo que rogamos que veña todo xa cuberto e revisado.

Na entrada do centro haberá a disposición das familias xel desinfectante. É  necesario que cada un traia o seu bolígrafo por si houbera calquer erro na solicitude o poidan cubrir correctamente.

Toda a información en relación ao centro, lexislación, ou normas que regulan este procedemento, están dispoñibles dende o comezo do proceso na web do centro no apartado de secretaría en admisión.

MÁIS INFO SOBRE ADMISIÓN: AQUÍ

AdxuntoTamaño
manual_familias_admision_v05.pdf175.06 KB