Eventos

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DACULTURA E O DEPORTE CURSO 2019

 

O Concello de Oleiros colabora no ano 2019 co noso centro coa cantidade de 7660 € para a realización de actividades didácticas e culturais así como para a adquisición de material didáctico para Ed. Infantil.

 

                                                    

AVISOS

PEDIMOS AS FAMILIAS QUE, DEBIDO Á SITUACIÓN QUE ESTÁ VIVIR O CENTRO COAS OBRAS, DESPEXEN A ZONA DA ENTRADA DO PATIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, FACILITANDO ASÍ QUE OS NENOS/AS QUE VEÑEN NO TRANSPORTE ESCOLAR POIDAN ACCEDER AO CENTRO.

AXUDAS DO CONCELLO PARA O COMEDOR ESCOLAR

No Boletín Oficial da Provincia do 15 de xullo saiu publicado o extracto da convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares no curso escolar 2019/2020.

As bases e o modelo normalizado para solicitar a axuda atópanse na web do Concello de Oleiros, na concellería de Ensino e Xuventude. Tamén as podes descargar aquí:

Bases da axuda

Modelo normalizado

O prazo de solicitude ábrese o día 16 de xullo e remata o 30 de setembro. A solicitude hai que entregala no Rexistro xeral sito no Centro Cultural A Fábrica. 

REUNIÓN 3 ANOS

A atención das familias dos nenos/as que comezarán a cursar 4º de Educación Infantil.

O xoves 5 de Setembro as 16:00 horas haberá unha reunión na aula de música para entregar os horarios do período de adaptación e coñecer as mestras.

Os nosos pequenos artistas

O alumnado de Educación Infantil fixo este ano un bonito proxecto creando unhas verdadeiras obras de arte moi persoais e únicas.

Aquí tedes unha pequena mostra.

Esperamos que a disfrutedes!

 

O noso día das letras galegas

   Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades realizadas o día das letras galegas no noso cole.

Espero que o disfrutedes!

 

 

Exposición PEZAS DO NOSO PASADO

 
   
 

 

                     

                                          Obradoiros e xogos populares

Xoiaría Carreiras de sacos

 

Photocall  Zancudos

 

 Elaboración de chapas   Construción de murais

 

                         Música en vivo e baile conxunto da muñeira

 

 

RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN

REUNIDA A COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DE OLEIROS O DÍA 6 DE XUÑO DE 2019 PUBLICAMOS A RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO NOS DISTINTOS CENTROS DO CONCELLO.

 

Distribuir contido