Eventos

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

ESCAPE ROOM VIRTUAL

Despois de 45 días confinados... dicirvos que sodes uns campións e campioas! Sentimonos moi orgullosos. Aínda que cada vez vai costando máis sentarse a traballar, estamos máis cansos, o sabemos...

Polo que propoñemos un xogo: ESCAPE GAME.

Unha forma moi divertida de aprender :)

ESTADES ATRAPADOS NO COLEXIO. TEDES QUE ESCOLLER UN PERSOAXE E IR SUPERANDO CADA MISIÓN PARA PODER ABRIR AS PORTAS ANTES DE QUE O TEMPO FINALICE...

BOA SORTE A TODOS E A TODAS!

 

ESCAPE GAME VIRTUAL

 

Pinchades no enlace e xa vos aparece a pantalla principal para comezar o xogo. Recordade antes de comezar as misións de ler a introdución e escoller un persoaxe.

Xa estades preparadas para realizar as misións!

Confinamento alumnado de 5º E.P

Os alumnos/as do Ceip Plurilíngüe Isidro Parga Pondal de 5º de E.P quixeron ter unha mostra de agarimo co profesorado, e o persoal non docente que traballa no Centro ( persoal de limpeza, ANPA, comedor, transporte...) e fixeron este video tan xenial.

Moitas Grazas :) Fíxonos moita ilusión. 

Sodes xeniales!

 

 

Confinamento Ceip Isidro Parga Pondal

Unha mostra do noso agarimo cara a vós/as familias :)

Todo sairá ben! 

GRAZAS!

Departamento de Orientación

Estimadas familias,

Para facilitar o acceso ao blogue do Departamento de Orientación creamos un bloque de contidos no lateral esquerdo desta páxina. 

Clicando nel, lévavos directamente ao blogue para poder visualizar contidos e información relevante respecto diso.

NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN DO ALUMNADO NO SEGUNDO TRIMESTRE

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou no día hoxe, 25 de marzo, na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica.

NOVAS

Estimadas familias:

Seguindo as instruccións da Conselleria de Educación, dende o vindeiro luns 16 e durante 14 días, nunha primeira instancia, NON haberá clases, actividades extraescolares nin calquera outro servicio complementario.

Tal e como se indican na páxina da Xunta serán faciilitadas ao alumnado tarefas xenéricas que serán colgadas na páxina web por niveis educativos. De non funcionar correctamente este medio, serán postas en coñecemento das familias por outros medios de mensaxeria empregados habitualmente.

Seguiremos de todos os xeitos atentos as novidades que se poidan producir ao respecto.

Un saúdo.

Equipo Directivo.

ADMISIÓN 2021-2022

O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

Na web iremos colgando todas as novidades ao respecto deste proceso. 

Podedes pasar a recoller o formulario o mesmo día 1, descargalo dende a web en canto estea dispoñible ou ben realizar o preceso a través da aplicación admisionalumnado. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

A solicitude  deberá vir asinada por un dos dous proxenitores ou por ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio, aportando a resolución xudicial, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles.

A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

DOCUMENTOS ADMISIÓN

  

FORMULARIO ADMISIÓN CASTELÁN

FORMULARIO ADMISIÓN GALEGO                   

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Seguindo a Orde do 22 de xullo 1997, Capítulo III 4.6:

A relación de libros de texto e material didáctico curricular será publicada no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de xuño. 

Aquí vos deixamos o listado para o vindeiro curso, podedes descargalo pinchando no curso correspondente. 

TODOS OS LIBROS DE RELIXIÓN SON EN CASTELÁN E OS CADERNOS DE MÚSICA EN GALEGO.

 

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

Santa Cruz, 15 de xuño de 2020

NORABOA ALICIA!!!!!!!

POR DEMOSTRAR QUE O ESFORZO MERECE A PENA, QUE QUEN A SEGUE A CONSEGUE E QUE SEMPRE DEBEMOS PERSEGUIR OS NOSOS SOÑOS XA QUE EN OCASIÓNS SE CUMPREN.

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA QUEREMOS DARCHE A NORABOA POLO MERECIDO RECOÑECEMENTO COMO MELLOR PROFESORA DO ANO 2020 QUE TAN DIFÍCIL FOI PARA TODOS.

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Dende o equipo directivo queremos informarlles de que estase a facer o Plan de Contixencia así coma o protocolo de adaptación ao contexto do covid-19 elaborado pola Xunta de Galicia o 22/7/2020.

Igualmente, a ANPA  Bidueiro e esta dirección están a traballar do mesmo xeito o relativo á madrugadores, comedor e actividades extraescolares. A Anpa está a realizar o seu propio protocolo para adxuntar o protocolo do centro educativo coordinado por unha empresa de prevención de riscos laborais.

O Protocolo será presentado o claustro de Mestres o día 1 de setembro para dar traslado do mesmo a Inspección educativa para a súa aprobación e posta en funcionamento.

Nese intre será dado a coñecer a toda a comunidade educativa por medio da páxina web do centro educativo.

Ademais serán dadas a coñecer todas as medidas no que fai referencia as entradas e saídas, recreos ou outras medidas que se tomen e afecten a vida escolar dos nosos alumnos/as. Pregamos a súa colaboración para facer estas medidas o máis operativas e efectivas posible.

Por suposto que este centro está a  tomar todas as medidas en materia de prevención, seguridade e hixiene sanitaria para transformalo nun espazo o máis protexido posible dentro das nosas competencias, posibilidades e características.

Estamos planificando a organización do centro con Grupos de Convivencia estable con medidas particulares en cada aula e na utilización dos espazos destinados a recreos, de xeito que non teñan contacto con outras aulas.

Evitaremos os desprazamentos polo centro educativo do alumnado e tomaremos as medidas hixiénico- sanitarias adaptadas o protocolo proporcionado pola Consellería así como a adaptación a tódalas actualizacións ou novas instrucións e medidas que se poidan producir.

Do mesmo xeito, aquelas medidas que poidan xurdir da reunión sectorial de Educación por parte do Estado e de todas as Comunidades Autónomas, serán incluídas no protocolo tan pronto se produzan.

Agradecemos de antemán a súa colaboración e desculpen as molestias que  poidan ocasionar na normalidade das nosas vidas. Estamos seguros de que seremos capaces de saír reforzados de toda esta situación.

A espera de poder facilitar unha información máis detallada, reciban un  cordial e afectuoso saúdo

    A dirección.

 

 

 

 

Distribuir contido