Eventos

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

XORNADA PORTAS ABERTAS

Benqueridas familias:

Este ano ao non poder facer xornada de portas abertas de xeito presencial, subiremos unha presentación con todas as respostas ás preguntas máis frecuentes que vimos respondendo nas últimas reunións realizadas.

Colgaremos tamén un vídeo para que poidades ver as nosas instalacións. Por último, estamos a estudiar se é posible unha conexión en directo. De ser posible se anunciaría por este medio o día e o xeito de proceder.

PRESENTACIÓN XORNADA PORTAS ABERTAS A DISTANCIA

COÑECE O NOSO COLE

Máis información sobre admisión  AQUÍ

Niños colgados columpio | Colegio Bilingüe Khalil Gibran | Fuenlabrada

PROTOCOLO A SEGUIR

Estimadas familias:

Lembramos os pais/nais do alumnado do centro que deben comunicar a ausencia dos seus fillos para que poidamos levar a cabo un seguimento axeitado na situación que estamos a vivir e para a oportuna xustificación das faltas.

Informamos do procedemento a seguir no caso dun positivo:

Cando un neno/a presente algún síntoma compatible coa Covid 19 non debe acudir á escola, deberán contactar co pediatra e seguir as indicacións do servicio de saúde, ademais de comunicalo o colexio por teléfono ou correo electrónico.

Dende o Centro educativo non podemos comunicar un positivo Covid ata que non recibimos a comunicación oficial da Central de Seguimento de Contactos(CSC) que crea o expediente e determina as medidas que se deben tomar. No momento en que hai unha PCR positiva e sanidade o comunica a familia, crea automaticamente o expediente e contacta coa coordinadora Covid do centro educativo. O centro facilita os datos que nos solicitan sobre os grupos de convivencia e as circunstancias que determinan as posibles medidas a tomar en cada caso concreto por parte de Sanidade.

Entendemos a preocupación das familias debido a situación que se está a vivir, pero queremos trasmitirlles unha mensaxe de tranquilidade xa que se están a seguir en todo momento os protocolos establecidos.

O Centro envía comunicación as  familias cando Sanidade nos indica a existencia dun caso positivo, pero en ningún caso facilitamos datos persoais cumprindo así coa Lei de protección de datos. O centro non toma a decisión de confinar aulas ou grupos. Seguimos sempre as indicacións dadas polos servicios sanitarios.

PARABÉNS ALICIA!!!!!!

POR DEMOSTRAR QUE O ESFORZO MERECE A PENA, QUE QUEN A SEGUE A CONSEGUE  E QUE DEBEMOS LOITAR POLOS NOSOS SOÑOS XA QUE NALGÚNS CASOS OS SOÑOS SE CUMPREN, NORABOA.

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ISIDRO PARGA PONDAL QUEREMOS DARCHE  ÁNIMOS PARA SEGUIR  TRABALLANDO CON ESA ILUSIÓN.

AVISO ABALAR MÓBIL - CUALIFICACIÓNS

Informamos que os usuarios de IOS  do alumnado de centros de infantil deberán actualizar a versión da aplicación abalarMobil para visualizar as cualificacións.

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DACULTURA E O DEPORTE CURSO 2020 

O Concello de Oleiros colabora no ano 2020 co noso centro coa cantidade de 10300€ para a realización de actividades didácticas e culturais así como para a adquisición de material didáctico para Educación Infantil.

 

                                                    

Proposta de concesión e desestimación das axudas para asistencia aos comedores escolares durante o curso escolar 2020/2021

Xa podedes consultar a proposta de concesión ou desestimación das axudas a comedor premendo neste enlace.

DÍA NON LECTIVO

DÍA 2 DE NOVEMBRO: NON LECTIVO

TAL E COMO INFORMAMOS A TRAVÉS DE ABALAR, O CENTRO EDUCATIVO SOLICITOU O DÍA 2 DE NOVEMBRO COMO DÍA NON LECTIVO E ACABA DE SER APROBADO POLA XEFATURA TERRITORIAL.

ADIAMENTO DA RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2020-21

Publícase a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos que será publicada en vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia.

A data de publicación no Diario Oficial de Galicia será o 28/10/2020.

Distribuir contido