Convivencia 16 - 17

DINAMIZACION DA CONVIVENCIA 2016 - 2017

           
  DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 16 -17
 

 

Premendo na imaxe accédese ao noso proxecto dinamizador de convivencia para este curso 2016- 2017 no que, seguindo os tres eixos fundamentais (coidado do entorno, de si mesmo e das relacións), continuaremos con actividades xa iniciadas en cursos anteriores como "A patrulla verde" ou "Xoves froita, venres bocadillo" e como novidade implementaremos o PROGRAMA TEI

 

Por outra parte, un obxectivo prioritario este curso é a actualización do noso Plan de convivencia, adaptándoo á Lei 4/2011 de Convivencia.

Nas imaxes de abaixo podemos ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso. Premendo nas imaxes accédese a elas

 
     
           

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

         
 

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

 
 

Traballar as emocións na aula é abrir as portas á aprendizaxe e á mellora da convivencia.

Este curso poñemos en marcha o PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS encamiñado á prevención do acoso escolar. Este proxecto esixe a formación específica do profesorado e a implicación de toda a comunidade escolar, especialmente das familias.

Por iso pedimos a vosa colaboración.

Para saber en que consiste esta primeira colaboración das familias premer na imaxe.

 
   
   
   
   
   
   
   

DÍA MUNDIAL DO TRASTORNO AUTISTA

          
  DÍA MUNDIAL DO TRASTORNO AUTISTA  
 

Iluminar de azul edificios públicos para visibilizar o autismo é un xesto cara a derribar as barreiras que impiden a interación das persoas co trastorno autista. O resto depende de tod@s nós. 

 

AXUDEMOS A SÚA INCLUSIÓN E A LEVAR UNHA VIDA NORMALIZADA ! 

Premer nas imaxes

 
   

DOCENCIA DO TEI

         
  O PROFESORADO DO CENTRO RECIBE A DOCENCIA SOBRE O PROGRAMA TEI  
   

O profesorado do centro recibiu a docencia para a aplicación no noso centro do programa de "Titoría entre iguais", programa de prevención da violencia e acoso escolar. A docencia, que se realizou durante dous días, foi moi positiva.

No mes de xaneiro comezaremos aplicación deste programa no noso centro no que os alumnos e alumnas de 5º de primaria titorizarán ao alumnado de 3º de primaria.

 

   
   

AGRADECEMENTO DA FUNDACIÓN SAVE THE CHILDREN

          
  DIPLOMA DE AGRADECEMENTO DE SAVE THE CHILDREN  
 

A FUNDACIÓN SAVE THE CHILDREN enviounos un diploma de agradecemento e un recibo xustificativo da aportación que a comunidade escolar fixo para a súa causa a través da inscripción na XIII edición de QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE.

 

Premer nas imaxes para velas máis grandes

 
   

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ 17

     
   
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoO DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Entre as actividades feitas neste día cabe destacar a Carreira Solidaria sumámonos á iniciativa de SAVE THE CHILDREN  e ao seu  compromiso coa defensa dos dereitos da infancia.

Despois da carreira bailamos todos xuntos no patio a Polca pola PAZ

 Máis información e imaxes premendo na fotografía 

 

CARREIRA SOLIDARIA

     
  CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ  
 

 O día 30 de xaneiro celebramos, como todos os anos o día da Paz. Este ano sumámonos a iniciativa de SAVE THE CHILDREN  e ao seu  compromiso coa defensa dos dereitos da infancia. A iniciativa chámase “quilómetros de solidariedade” 

A colaboración das familias e do resto da comunidade escolar foi impresionante, por iso

A RECADACIÓN FOI DE 659,40 €

Mil grazas pola vosa solidariedade!!!

 Pódese entrar na páxina da organización para mais información acerca dos proxectos e do destino das aportacións .

www.savethechildren.es

 

"TITORÍA ENTRE IGUAIS" UN PROXECTO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

     
  O PROGRAMA TEI, UN PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR  
 

Oitenta alumnos de seis centros da comarca estrenan un programa de titoría entre iguais (TEI), programa de prevención do acoso escolar.

O noso centro é un dos participantes. O proxecto consiste en que alumnado de 5º de primaria exerza coma titor de alumnado de 3º de primaria, tratando así de igual a igual os problemas. 

O profesorado do noso centro acudirá ás sesións de formación no CEFORE de Ferrol o luns e o martes.

Premendo na imaxe accédese á nova da Voz de Galicia

 

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

          
  PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR  
 

Como xa sabedes, estamos traballando cara á prevención do acoso escolar.

Partindo das aportacións das familias comezamos a falar nas asambleas de aula dos sentimentos que esperta o acoso.

Seguimos aportando datos e reflexionando sobre o tema vendo videos adaptados ás distintas idades.

Tamén escoitamos en directo o rap do alumnado de 5º de E. Primaria.

E SEGUIMOS TRABALLANDO... IREMOS INFORMANDO.

Premer nas imaxes para acceder á nova.

 
   

CINENSINO 2016 - 2017

     
  O NOSO CENTRO PARTICIPA NO PROGRAMA CINENSINO 2016 - 2017  
 

Coma noutros cursos, participamos no programa CINENSINO, promovido polo Concello de Ferrol. O obxectivo principal deste programa é a Educación en Valores.

Este curso iníciase coa  película "LITTLE BOY" que foi proxectada no Cine Jofre é á que acudiu o alumnado de 6º de Primaria. 

Máis información premendo na imaxe.

 

PROGRAMA TEI: FORMACIÓN DO ALUMNADO

          
   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Tras as reunións informativas coas familias do alumnado de 3º e 5º de E. Primaria, pasamos ás docencias para dito alumnado, que serán os principais artífices do cambio na convivencia do centro.

Ao alumnado fíxoselle entrega dun tríptico informativo, asi como un carnet e un diploma nos que asinaron o seu importante compromiso.

NORABOA AOS TITORES E AOS TITORIZADOS!!!!!

 

Premer nas imaxes para acceder á nova.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

Powered by Drupal - Design by artinet