Neste curso recóllense os principais servizos dixitais educativos que se poden empregar como canles de comunicación para intercambio de información, consultas, comentarios...e están a disposición da comunidade educativa.

Neste curso introdutorio á plataforma Moodle aprenderemos os procedementos básicos para a creación e xestión dun curso escolar, así como coñeceremos algunhas das actividades máis habituais coas que poderemos contar para lograr a consecución dos nosos obxectivos nun curso escolar.
A continuación, disporás dunha serie de módulos que van tratando os diversos contidos dun xeito secuencial; intenta seguilos nesta orde para non perder detalle.