Skip to Content

Sentir Teo no Camiño

 

“Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos, mulleres que

traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os froitos

da terra, cruzando os montes neses chuviosos días de inverno,

lavando roupa á beira do río, camiñando pola lama coa pesada

carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba ata ós osos,

cociñando ricas comidas co pouco que tiñan... “

Fonte descoñecida.


Foto do Arquivo Municipal de Teo.

O alumnado de 6º traballou nunha interesantísima actividade denominada "Sentir Teo no Camiño", realizada por Cruz Dafonte coa colaboración do Concello de Teo.

As nenas e nenos destes cursos coñeceron o importantísimo papel (a veces invisible) da muller na vida diaria e o amplo patrimonio cultural que ten o Concello de Teo, que ás veces pasa desapercibido.

Imaxes da actividade na Galería de Imaxes.

 

Adxuntamos a Unidade Didáctica que se desenvolveu.

AdxuntoTamaño
Unidade Didáctica interxeracional- Sentir Teo no Camiño.pdf766.73 KB


story | by Dr. Radut