Skip to Content

Acordo do Consello da Xunta sobre colaboradores comedor e compensacións económicas.

Con data 15 de outubro, o Consello da Xunta acordou modificar as contías da compensación económica dos colaboradores/as de comedor escolar. Os importes pasan de 9,39 euros  a 12,50 euros por día de asistencia efectiva ao comedor.

Outro acordo importante é que os colaboradores de comedor agora poden ser familiares convivintes que residan no domicilio dos comensais. Polo tanto os colaboradores xa non están limitados só a pais/nais ou titores/as.

SEGUIMOS NECESITANDO COLABORADORES PARA O COMEDOR

Se vostede é un familiar que convive no domicilio do/da comensal e desexa colaborar no comedor, contacte co centro.

Hai que ter en conta os seguintes aspectos:

1.- Os solicitantes familiares convivintes, para seren inscritos deberán aportar:

  • Unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais.
  • Unha autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do/a alumno/a comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.

2.- Os convivintes admitidos como colaboradores/as cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.



story | by Dr. Radut