Skip to Content

Inicio do curso 2020-2021. Respostamos varias dúbidas.

Ola a todos/as. Volvemos a retomar a actividade escolar co inicio das clases presenciais o 10 de setembro.
Nestes primeiros días de setembro, estaremos presentando o noso Plan de Adaptación ao contexto COVID a tódolos membros da Comunidade Educativa, para facer as achegas e posibles modificacións sobre o borrador xa elaborado.

Tende paciencia e tranquilidade, porque estaredes informados cando todo esté elaborado, ben a través desta web ou de AbalarMóbil.

Antes de iniciar as clases publicaremos toda a información na web do colexio. Tende en conta, que dadas as circunstancias e as diferentes normativas e cambios que se poden producir, o plan pode sufrir variacións, polo que vos invitamos a que estedes sempre atentos á información que poñemos na web.

No día de hoxe recibimos certas dúbidas das familias, e queremos aproveitar para aclarar certos aspectos:

  1. AbalarMóbil. Pedimos que instaledes AbalarMóbil para estar informados. Sabemos que as familias de alumnado de 3 anos de nova incorporación aínda non podedes acceder a AbalarMóbil. Non vos preocupedes, porque vos avisamos por SMS. Según nos informan, tardará uns días en estar dispoñible para as novas familias.
  2. Reunións iniciais de curso: estamos organizando as reunións. Procuraremos realizar reunións cumprindo os diferentes protocolos e normativas para evitar o contaxio do COVID-19.
  3. Material inicio curso: informarásevos no seu momento, polo de agora non compredes nada.
  4. Libros de texto: entregaranse aos nenos/as ao inicio de clase, non tendes que vir a recollelos.
  5. Trámites no centro: teñen que ser con cita previa e só aqueles trámites imprescindibles que non se poidan facer de maneira telemática ou por teléfono ou mail. Horario do centro.
  6. Comedor: iniciarase na data de inicio de curso. Todo o alumnado que o solicitou está admitido. MOI IMPORTANTE coñecer as normas de uso para non perder o dereito de uso a comedor.

Como dicimos, calquer cambio ou novidade será posta aquí.

Pedímosvos a máxima colaboración e queremos enviarvos unha mensaxe de tranquilidadde e ánimo.

Desta saímos todos/as xuntos/as.

#sentidiño

 

AdxuntoTamaño
horarios de atención.pdf29.74 KB


story | by Dr. Radut