Skip to Content

ANUNCIO: apertura do prazo para colaboradores/as do comedor escolar

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP A IGREXA CALO COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTEO CURSO 2020-2021.

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares doalumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020-2021, colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2020.

Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Calo, a 22 de xuño do 2020

O director do centro



story | by Dr. Radut