Skip to Content

Vacacións de Semana Santa.

Bo día, o calendario lectivo non se altera nesta período de alarma polo que mantense o período de vacacións de Semana Santa. Polo tanto, a non ser que os titores ou titoras vos envíen tarefas para facer neses días, non é necesario que traballedes as tarefas propostas para o segundo trimestre na páxina web do centro.

Lembramos que o perído de vacacións de Semana Santa abarca dende o sábado 4 de abril ata o luns 13 de abril inclusive. O martes retómanse as clases, aínda que sexa de xeito non presencial.

Aproveitamos este aviso para mandarvos unha mensaxe de ánimo a todas as familias e agradecervos o esforzo que estades a realizar e a comprensión que estades a amosar neste período de circunstancias tan extraordinarias.

Todos e todas xuntas conseguirémolo. Ánimo.



story | by Dr. Radut