Skip to Content

Medidas a adoptar en relación coa pandemia covid- 19 os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

  • Actualización 2 de abril:
    • Enviouse unha notificación ABALAR cunha conta de email para a titoría de 2º A para abrir unha canle de comunicación mais directa entre a titora e as familias.
    • AVISO sobre as Vacacións de Semana Santa.
  • Actualizado venres 13 marzo: Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Publicado xoves 12 marzo:
Medidas adoptadas pola Consellería de Educación para todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado. 

LIGAZÓNS DE INTERESE:

Resolución de 25 de marzo de 2020, do Congreso dos Diputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.
https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/28/pdfs/BOE-A-2020-4153.pdf

Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.
https://www.boe.es/eli/es/rd/2020/03/14/463

Novas instruccións en relación con COVID-19. Venres 13/3/2020
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

Comunicado Consellería de Educación. Xoves 12/3/2020
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020: http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Recomendacións da Dirección Xeral de Saúde Pública da Conseñllería de Sanidade:
https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/novas/informacion-coronavirus



story | by Dr. Radut