Skip to Content

Poceso de ADMISIÓN: aberto o proceso de admisión de alumnado.

Prazo de solicitide de ADMISIÓN de alumnado: do 1 ao 20 de marzo.

Aberto o prazo do 11 ao 18 de maio

En horario de 10:00 a 13:00 horas
con cita previa no teléfono 881 866 483

Debido ás últimas medidas que se están tomando ante a pandemia de coronavirus, e despois da publicación da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, o proceso de admisión retómase do 11 ao 18 de maio.

Información do Proceso:

- Zonas de Influencia do CEIP A Igrexa Calo: Mapa - Lugares

- Transporte / Paradas CEIP A Igrexa calo: Rutas

- Normativa proceso de admisión.

- Letras desempate de ser preciso.

 

VACANTES NO CEIP IGREXA CALO:

 

Descargar vacantes en PDF

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

En cumprimento da normativa do proceso de admisión, informamos a tódalas familias:

1º.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimeto desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º-. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4º.- O criterio específico establecido polo centro para o baremo é "solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público" (Aprobado en Consello Escolar o 19 de marzo do 2013)

5º.- O alumnado do centro adscrito que presentou reserva de praza para o 3º curso de Educación Primaria do CEIP A IGREXA CALO, dado que non hai prazas ofertadas nese nivel, tal como recolle a normativa deben presentar solicitude de admisión neste centro do 1 ao 20 de marzo (artigo 12.2 da Orde do 12 de marzo do 2013)


SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

No enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

ou

No centro entregando o formulario de solicitude cuberto.

ANEXO II - SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Galego)

ANEXO II - SOLICITUDE DE ADMISIÓN (Castelán)

Debe presentar a seguinte documentación xunto co formulario de solicitude:

  • Presentar DNI dos proxenitores ou titores/as e do neno/a (se o ten) e Libro de familia
  • Se é unha praza para alumnado de NEAE, achegarase documentación.

IMPORTANTE: A documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser copia cotexada ou traer o orixinal.

VER CADRO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

AdxuntoTamaño
Zonas de Influencia do CEIP.pdf123.99 KB
Mapa Zonas Influencia colexios Teo.pdf3.8 MB
VACANTES 2020-21.pdf134.64 KB


story | by Dr. Radut