NENAS, NENOS E FAMILIAS: o profesorado seleccionou actividades e xogos para que o pasedes ben durante as vacacións. Esperamos que vos gusten. Picade neste enlace

A profe Marisa propón un momento de relaxación en familia.

Adaptou un xogo tradicional e converteuno nunha EXPERIENCIA RELAXANTE.

PARA USAR SEN MODERACIÓN, en calquera momento do día (ou da noite) e apto para todas as idades.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

 

María Caneda e Luís envíanvos novos retos de educación física, agora para PRIMARIA.

Queren que movades o corpo ao tempo que viaxades por todo o mundo: Xapón, Exipto...

Pode ser unha proposta familiar: https://classroom.google.com/ 

Nenas e nenos!!

Sodes artistas de primeira. Con gran experiencia en decorar trompos en familia.

O profe Luís facilita o seguinte enlace para quen queira dedicar parte do tempo libre a iniciarse no IOGA.

Pode ser unha proposta familiar: https://classroom.google.com/ 

OS VÍDEOS DE XOGOS TRADICIONAIS XA ESTÁN LISTOS

Enviado por admin o Mar, 03/24/2020 - 13:17

Podedes velos na sección da Biblioteca escolar "Blog de Ágata e Paco".

NOTICIA, NOTICIA, NOTICIA, os vídeos están listos.

Un traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, no que participou o alumnado dirixido polas titoras de cada curso.

Agora toca xogar.

Distribuir contido